Crebinsky naceu como unha curtametraxe no ano 2005 da mán do director Enrique Otero. Agora e da man de 3 productoras galegas (Control Z, Chevere Vision e Zirconcine) e tamén baixo a dirección de Quique Otero, Crebinsky convertese nunha longametraxe, que conta a historia dos irmáns Crebinsky, aos que as choivas torrenciais arrastran cando son pequenos, xunto coa súa vaca Muchka, a algún lugar perdido da costa. Illados do mundo e dos acontecementos bélicos que lles rodean, crecen ao pé dun faro, sobrevivindo de recoller as cousas que trae o mar, as crebas. O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka vese alterado cando esta desaparece. É entón cando os Crebinsky inician unha busca desesperada que os levará da costa ó interior.
Crebinsky é unha road movie auténtica, unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e recordos borrados. Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen.
Crebinsky en datos:
Dirección: Quique Otero
Guión: Quique Otero e Miguel de Lira
Produción Executiva: Control Z, Chevere Visión e Zircocine.
Reparto: Miguel de Lira, Sergio Zearreta, Luis Tosar, Celso Bugallo, Patricia de Lorenzo, Oliver Schultz-Berndt, Oliver Bigalke, Iván Marcos, Yolanda Muiños
BANDA CREBINSKY
No 2009 grávase a banda sonora da película Crebinsky. Así nace a Banda Crebinsky. A temática da película marca o ritmo, os pais dos protagonistas un Ruso e unha Galega, son a mezcla perfecta para imprimir un selo personal á estética e á música desta historia.
A banda debuta na pre-estrea do filme, no festival “Cineuropa” en Santiago de Compostela, tocando as músicas da película no foso do Teatro Principal cun éxito arrollador. Pasarrúas, estandarte, e fragmentos da cinta tocados en directo, conforman un show inesquecible.
A banda componse de oito músicos, comandados polo bielorruso Vadim Yukhnevich, na voz e acordeón, e Pablo Pérez, compositor, arranxista e contrabaixo. Son músicos con amplas carreiras, Fernando Abreu, clarinete, Carlos Castro vibráfono e percusión, Xacobe Lamas, violín, Miguel Queixas, batería, Pablo Rega, guitarra e Enrique Otero, director da película, ós teclados.
O estilo da “Banda Crebinsky” sorprende desde o primeiro momento, cunha singular posta en escena con uniformes de banda de música soviética de época, e unha iluminación e escenografía moi coidadas.
¿A música?… mestura paisaxes cinematográficas con influenzas da música tradicional dos países do leste (No Smoking Orchestra ou Leningrad Cowboys). Acordeóns, violín, ritmos rápidos e moita moita festa!