Header Image

Dominic Graham School of Irish dance

A escola foi fundada en Ballycastle no do norte da costa de Antrim en 1977. Despois de 4 anos a escola abriu 2 sedes máis afastados en Armoy e Portrush. A escola crece rápido e chegan a Kilrea, Ballymoney, Coleraine, e Newcastle.

Desde o principio as súas actuacións alcanzan gran éxito en competicións nacionais, debido ao seu distintivo estilo de execución e a súa paixón pola música. Nos 42 anos desde a súa fundación, a creatividade e a orixinalidade foron os motores detrás de todo espectáculo que produciron.

O mellor do baile tradicional de Irlanda toma por uns días a vila ortegana. Alumnas de todas as idades da recoñecida academia de Dominic Graham, fundada en 1979 en Irlanda do Norte, regresan ao Festival para introducir aos festivaleiros no mundillo da danza tradicional do seu país e ofrecer, a través desta sesión nocturna, unha mostra das súas coreografías; resultado do esforzo que realizan por elevar a disciplina ao máis alto nivel.

 

Anos participación
Festival:
  • 2006
  • 2013
  • 2014
  • 2016
  • 2019