Header Image

Eric Rigler & Bad Haggis

O gaiteiro máis “cinéfilo” presenta en Ortigueira o seu último proxecto, o grupo Bad Haggis. Medio cento de bandas sonoras de películas como Million Dolar Baby, Brave Heart, Titanic e colaboraciónss coas principais figuras do pop-rock cimentan o prestixio e a popularidade de Rigler, que ademais é membro tamén de Skydance, a formación folk do violinista escocés Alasdair Fraser.

No Festival fará gala da súa solvencia coas gaitas escocesa e irlandesa, capitaneando unha formación que completan guitarra, violín, baixo, percusión, batería e voces. A súa fusión é a base do que califican na súa web como a “música celta do novo milenio”, a saber, mestura de world music con jazz e pinceladas de rock. Composicións propias e pezas tradicionais conforman o repertorio do grupo que, dende a súa orixe no 2004,  resóllese nun dvd e tres discos, o último é “Wine Dark Sea”, editado o pasado ano.

NULL

Anos participación
Festival:
  • 2007