Header Image

Korrontzi

Tralo seu paso polo Runas’06, volven a Ortigueira co seu particular homenaxe aos vellos acordeonistas que mantiveron viva ao longo dos anos a tradición musical da súa terra, Euskadi. A banda vizcaína, creada no 2004 por Agustín Barandiarán e Mikel Romero, preséntase cun son baseado na trikitixa (acordeón diatónico), a alboka (frauta) e a mandolina, apoiados por percusións, guitarra e baixo.

O seu repertorio componse de temas propios, a meirande parte instrumentais, cos  que pretende abrir fronteiras, pero que están inspirados en antigas coplas. O quinteto, que o ano pasado foi elixido no Festival Eurofolk mellor grupo internacional, ten no mercado dous discos. O primeiro é Korrontzi, que toma o nome dun vello trikitilari. O segundo leva por título: Getxo.

Trátase dun directo no que contan con colaboradores da altura da gaiteira Susana Seivane ou as cantareiras de Faltriqueira, entre outros. Apostan pola renovación dos sons tradicionais e ofrecen unha música animada e bailable, con unha posta en escea que engancha.

Transladan a Ortigueira a súa particular homenaxe aos vellos acordeonistas que mantiveron viva ao longo dos anos a tradición musical da súa terra, Eukadi. A banda vizcaína, creada no 2004 por Agustín Barandiarán e Mikel Romero, preséntase cun son baseado

Anos participación
Festival:
  • 2009
Runas:
  • 2006