Conxuga unha desbordante capacidade creativa co virtuosismo musical. Toma como base a música tradicional instrumental dos xudeus do Leste (o klezmer). Pero o trío de Cracovia revoluciona este son, aplicándolle arranxos e efectos arriscados e notables doses de improvisacion. Deste modo, crea composicións diferentes e moi características, nas que se deixa ver a experiencia destes músicos noutros estilos como o jazz.
Violín, acordeón, contrabaixo e a percusión de Tomasz Grochot- que acompaña á banda de forma habitual- texen un repertorio contundente, no que destacan os ritmos bailables e populares, servidos para levantar ao persoal. Sete álbumes- os últimos un cd conxunto coa cantante Edyta Gepert, titulado “Canto a la vida” e “Seventh trip”- resumen os quince anos de traxectoria deste grupo enraizado na cultura xudía.
Aínda que cada actuación é diferente, o seu carisma permite pronosticar que será para moitos unha das revelacións do Festival.
NULL
- Máis Información: Web oficial de Kroke
Anos participación
Festival:
- 2007