No ano 2009, Ortigueira vibra unha vez máis co abraiante directo deste grupo de nove músicos de Quebec, unha banda tradicional cun toque vangardista e festivas melodías. A súa longa traxectoria, iniciada en 1976, e un público máis que fiel levounos a un lugar privilexiado na escea internacional.
Fieis á súa herdanza cultural, non renuncian a incorporar influencias doutras músicas dende a sensualidade da salsa ao swing jazzeiro de Nova York. Un espectáculo completo que fai da música a única linguaxe universal.
2001 e 2004
O grupo canadiense xa actuara anteriormente no escenario do Fesival nos anos 2001 e 2004.
- Máis Información: Web oficial de La Bottine Souriante
Anos participación
Festival:
- 2001
- 2004
- 2009