Marcaron estilo coa súa fusión do son tradicional irlandés co urbano, que impoñían sintetizadores e saxos. A historia de Moving Hearts arranca en 1981 e conclúe coincidindo co seu momento álxido. Corrían mediados dos oitenta. A súa traxectoria foi breve pero intensa. Nela sucedéronse os cambios na formación orixinal, as letras comprometidas do principio deron paso ao repertorio instrumental do álbum Storm… Con todo, deixaron para a historia un estilo particular, froito da mestura de influencias musicais como o folk, rock, funk ou fazz, que deixou pegada noutros artistas do momento.
No ano 90 celebrábase o seu concerto despedida, ata que en 2007, ano no que se edita The Platinnum Collection, decidiron retomar o proxecto para “seguir explorando as posibilidades do grupo”. O éxito do reencontro plasmouse no cd- dvd Live in Dublín, no que renacen como banda instrumental e que supón o inicio dunha nova xira.
Lidera a actual formación Donal Lunny (bouzouki) e con el seguen outros tres membros da formación orixinal Eoghan O ‘Neill (baixo), Davy Spillane (whistle e uilleann pipe) e Keith Donald (saxo). Completan o equipo Kevin Glackin (fiddle), Graham Henderson aos teclados, Anthony Drennan á guitarra eléctrica e os percusionistas Liam Bradley e Noel Eccles. En Ortigueira, repasarán algúns dos temas míticos e ofrecerán algúns inéditos.
NULL
- Máis Información: Web oficial de Moving Hearts
Anos participación
Festival:
- 2008
- 2019