Os Zarambeques xuntáronse aló polo 94 coa intención de animar as romerías e festas cos ritmos bailables do folclore galego. É un grupo de corte tradicional que evolucionou cara o folc coa axuda do acordeón, dos instrumentos de vento e da voz.
Os seus compoñentes proceden de diversas agrupacións culturais do Ortegal e arredores, como a Escola de Gaitas de Ortigueira, Gamelas e Anduriñas de Espasante, Cantareiras de Alende das Pontes…
Agora andan a presentar o seu novo traballo Son do Mare, no que se aprecia a influencia das músicas chegadas dende o outro lado do mar.
NULL
Anos participación
Festival:
- 2007