Header Image

RUBÉN DÍEZ TRÍO

GALICIA

Rubén Díez ten máis de 30 anos de experiencia no mundo da música, e é recoñecido tanto nacional como internacionalmente polo seu traballo en grupos e proxectos como Rarefolk, o Lar Gallego de Sevilla ou Sheela Na Gig.

A súa obra vai dende músicas enérxicas ata sutís, con influencias do folk rock, a electrónica ou o Jazz. Estas pezas inclúen frautas, gaita tradicional ou bodhram, sendo o primeiro o instrumento có que máis recoñecementos obtén. Ademais da súa labor como músico, destaca tamén como produtor, e edita máis de 15 gravacións con distintas formacións e como solista.

É director de programación do Festival Internacional de Música Folk e Tradicional “Fai un Sol” e colaborador habitual do Festival Internacional Cáceres Irish Flead, entre outras moitas actividades relacionadas coa música folk.

Anos participación
Festival:
  • 2023