A XXVII edición do certame folk, tamén suporá a estrea en Ortigueira dos británicos The Urban Folk Quartet, un grupo relativamente novo no que milita unha vella coñecida do Festival Celta: a violinista e vocalista ourensana Paloma Trigas, antiga colaboradora da banda de Carlos Núñez.
Virtuosismo, non só instrumental se non no concepto musical, UFQ é a unión de catro dos músicos máis inspirados e experimentados do panorama folk internacional. O seu primeiro álbum, que leva o nome do grupo, inclúe música tradicional con arranxos orixinais e composicións propias.
Unha ducia de instrumentos, cutro voces e influencias variadas converxen nun espectáculo de auténtica fusión. A banda deuse a coñecer no Festival folk de Plasencia nun concurso de grupos emerxentes que segue o espíritu do Proxecto Runas de Ortigueira.
- Máis Información: Web oficial do grupo
Anos participación
Festival:
- 2011