Header Image

A BANDA DAS CRECHAS

GALICIA

Das noites de xolda de hai 30 anos na Casa das Crechas, lugar de encontro e festa dende o século XIX, nace A banda das Crechas, un conxunto aberto no que participan músicos habituais e achegados ocasionais.

No 2010 gravan ABDC, có que levan este ambiente fora do pub, a lugares profesionais e internacionais, co obxectivo de manter viva a tradición e a foliada, defendendo a música como “nunca debeu deixar de ser, unha ferramenta para o contacto humano, para a comunicación”.

A Banda das Crechas realiza varias colaboracións ao longo da súa carreira en discos como GalicianTunesOnTour, Moruadh de Yoko Takano ou Galiza de Kepa Junkera, entre outros.

Anos participación
Festival:
  • 2008
  • 2023