Header Image

DEIRA

Asturias

Deira son Gonzalo, Salva e Juan, que levan tan só un ano compartindo escenario, únense como trío por primeira vez nada menos que no Festival Interceltique de Lorient, onde reciben a proposta de actuar cada noite como músicos residentes na carpa de Asturias, facendo un repertorio de versións e músicas tradicionais do arco atlántico. Alí tamén foron finalistas do concurso de grupos de Loïc Raison. Desde entón, comezou a tomar forma este proxecto ao que bautizaron co nome de “Deira”.

De orixe bretona, Deira era un antigo reino situado en Inglaterra, no actual York. O termo provería posiblemente da palabra “Deifr”, que significa “aguas”, o de “Daru”, que significa “carballo”. A experiencia de cada un dos seus músicos procede de grupos cunha clara tendencia folk pero con estilos totalmente diferentes, Stolen Notes, Young Forest, Vrienden. A fusión destes estilos xunto coa formación clásica dos tres, dan como resultado un son único onde predomina un sentimento mutuo: a paixón

Dossier

Anos participación
Festival:
  • 2020
  • 2022