A pesar das adversas condicións meteorolóxicas, que mantiveron en vilo aos folkies e á organización, o Festival Ortigueira resistiu, e logrou manter as cifras de participación das súas últimas edicións. Nin a chuvia, que nalgúns momentos calou aos folkies que decidiron vivir a experiencia única do Festival, impediu que miles de mozos e non tan mozos se entregasen un ano máis á festa.

Dende a organización destácase o bo ambiente vivido e o feito de que as catro xornadas de música e convivencia en plena natureza transcorresen nun clima de absoluta tranquilidade, sen incidentes de consideración. E neste sentido dan por logrado o obxectivo fundamental anunciado repetidamente polo alcalde Rafael Girón: “conseguir que os festivaleros volvan á casa satisfeitos, con ganas de repetir e falando ben de Ortigueira”.

Programación

No referente á programación artística, dende o Concello destácase o momento único vivido na noite de onte, coa sorpresa da actuación conxunta no Escenario Alameda dos dous cabezas de cartel da edición, dous pesos pesados do folk con décadas de traballo e recoñecemento ás súas costas, como The Chieftains– auténtico imán da edición- e Milladoiro. Un momento único, que dificilmente se repetirá.

Ademais do concerto con convidados dos “Xefes”, no que ademais colaboraron, entre outros a Escola de Gaitas de Ortigueira e o acordeonista Phil Cunningham, sublíñase o éxito do arriscado e anovador espectáculo “Fest rock” da Bagad Kemper e o grupo rock Red Cardell, que arrasou entre o público, levantando de forma unánime aos congregados na Alameda. Finalmente, valórase positivamente a acollida das novas propostas diúrnas organizadas, sinaladamente, o “Concurso internacional de gaita solista” e o de cuartetos, que gañou Xente Nova.

Edición 2015

Nos próximos días, os distintos servizos implicados na posta en marcha e desenvolvemento do evento, que contou co patrocinio de Deputación da Coruña, Axencia Galega de Turismo, Agadic, INAEM, Gadis, Coca Cola e TVG, se reunirá para realizar un balance exhaustivo do que foi este 30 Festival Ortigueira, de cara a introducir as melloras necesarias de cara á próxima edición.

O Festival Ortigueira, declarado Festa de Interese Turístico Internacional, volverá en xullo do 2015. No seu cartel, un nome xa confirmado o da Xabi Aburruzaga band, grupo gañador do Proxecto Runas 2014, de promoción de grupos emerxentes.

O Festival de Ortigueira 2024 celebrarase do 11 ao 14 de xullo

Set 08, 2023

O novo executivo local vén de conformar o Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que, na súa primeira reunión, acorda as datas e a duración da próxima edición. Este novo…

O Festival de Ortigueira finaliza con éxito unha edición “astronómica”

Ago 07, 2023

Os Carecos, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Covagueira son as estrelas que pechan cos seus concertos unha edición que, como ben describía o cartel deste ano, ía ter dimensións cósmicas. 70 horas…

Os aragoneses Muro Kvartet, gañadores do Concurso Runas 2023

Ago 07, 2023

Finalmente foi a aposta do grupo maño, a que lles permitirá volver ao Festival en 2024, como gañadores no que será o 25.º aniversario deste concurso, que segue mantendo inalterable o seu obxectivo de…

Inaugurado o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Hoxe domingo comenzan oito días de concertos gratuitos, obradoiros e actividades

Ago 07, 2023

45 grupos de diferentes países no escenario Estrella Galicia e nas rúas de Ortigueira entre o domingo 9 e o domingo 16 de xullo. Agárdase unha una afluencia de 80.000 personas para desfrutar da…

Máis de 15 bandas e agrupacións pechan o cartel do Festival de Ortigueira

Xuñ 23, 2023

As formacións encargadas de encher de música e ledicia as rúas de Ortigueira poñen a guinda a unha programación que volverá converter a Ortigueira na capital da cultura celta durante oito días. Apenas quedan…

Dous grupos asturianos e un aragonés, finalistas do Concurso Runas 2023

Mai 26, 2023

Guieldu, Alienda e Muro Kvartet chegan á final deste concurso, que en vésperas a alcanzar o cuarto de século, segue mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. Os…