O Festival de Ortigueira anuncia datas para o 2017 e novas liñas de programación.

 

13, 14, 15 e 16 de Xullo de  2017  son as datas do Festival de Ortigueira 2017.

Dende o Concello de Ortigueira confirman estas datas para a celebración do Festival 2017, na que será súa 33 edición.

A organización fala de varias novas liñas de traballo.

O cartel de esta edición 2017 encargouse de novo a Reizentolo, despois do traballo do ano pasado que tan bos acollida tivo.

Nas vindeiras semanas farase publico o cartel desta edición, e será presentado polo Alcalde de Ortigueira na Feira Internacional de Turismo (Fitur), en Madrid.

A partir de ese momento, arrancarán as novas liñas do festival, que intentará abarcar mais áreas musicais e mais permanencia no tempo.

Como novidades mais significativas temos:

– presenza de canción tradicional nos concertos da Alameda, con grupos de recoñecido prestixio.

– presenza de agrupacións de baile no escenario, con formacións locais e invitados.

– a partires do mes de febreiro, actuacións internacionais no Teatro da Beneficencia durante un fin de semana o mes. Intentarase presentar agrupacións acústicas de recoñecido prestixio, galegas e doutros países celtas.

– e a programación musical, que se dará a coñecer en próximas datas, con presenza dos músicos mais internacionais e conxugando novos nomes da musica folk de toda Europa con músicos de recoñecido prestixio e tradición.

– Estase programando a organización do proxecto Runas, que traerá algunhas novidades.

 

Ademais xa comenzaron os contactos coas bandas de gaitas bretoas e escocesas e de Asturias e Galicia para preparar a saída de Bandas del Domingo del Festival.

 

Tamén estase preparando a feira de artesanía e vaise a deseñar un novo concepto para a hostalería, intentando potenciar os chamados  “food truck”,  que se adaptan perfectamente al deseño del festival.

 

 

E tamén estase traballando na elaboración de unha nova web donde se poderán coñecer todos os aspectos do festival. 

O Festival de Ortigueira 2024 celebrarase do 11 ao 14 de xullo

Set 08, 2023

O novo executivo local vén de conformar o Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que, na súa primeira reunión, acorda as datas e a duración da próxima edición. Este novo…

O Festival de Ortigueira finaliza con éxito unha edición “astronómica”

Ago 07, 2023

Os Carecos, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Covagueira son as estrelas que pechan cos seus concertos unha edición que, como ben describía o cartel deste ano, ía ter dimensións cósmicas. 70 horas…

Os aragoneses Muro Kvartet, gañadores do Concurso Runas 2023

Ago 07, 2023

Finalmente foi a aposta do grupo maño, a que lles permitirá volver ao Festival en 2024, como gañadores no que será o 25.º aniversario deste concurso, que segue mantendo inalterable o seu obxectivo de…

Inaugurado o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Hoxe domingo comenzan oito días de concertos gratuitos, obradoiros e actividades

Ago 07, 2023

45 grupos de diferentes países no escenario Estrella Galicia e nas rúas de Ortigueira entre o domingo 9 e o domingo 16 de xullo. Agárdase unha una afluencia de 80.000 personas para desfrutar da…

Máis de 15 bandas e agrupacións pechan o cartel do Festival de Ortigueira

Xuñ 23, 2023

As formacións encargadas de encher de música e ledicia as rúas de Ortigueira poñen a guinda a unha programación que volverá converter a Ortigueira na capital da cultura celta durante oito días. Apenas quedan…

Dous grupos asturianos e un aragonés, finalistas do Concurso Runas 2023

Mai 26, 2023

Guieldu, Alienda e Muro Kvartet chegan á final deste concurso, que en vésperas a alcanzar o cuarto de século, segue mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. Os…