MICHAEL MCGOLDRICK BAND.

 Dende a organización do Festival anuncian para o sábado 15 de xullo, a  espectacular Michael McGoldrick Band. Unha banda de músicos composta por

Michael McGoldrick – Frautas , gaitas

Dezy Donelly- Violín

Donald Shaw –acordeón (Capercaille)

John Joe Kelly –Bothran (Flook)

Ed Boyd –Guitarra (Lunasa, Flook)..

Música irlandesa para a noite do sábado.

O frautista mais ilustre do folk irlandés volve a Ortigueira.

Michael Mcgoldrick asomarase coa súa banda ao Escenario Estrella Galicia. Nesta  formación, como sempre, rodease de primeiras figuras da órbita celta. O grupo suma ao violinista Dezi Donelly, membros de  Flook como Ed Boyd (guitarra) e  John Joe Kelly (bodhran); a ao líder de Capercaillie, Donald Shaw (teclados).

 

O  innovador Mcgoldrick- flautista, gaitero e compositor- embarcouse dende ben novo en incontables e frutíferas aventuras musicais. Fundo, sendo estudante, Toss the feathers, o grupo mais influinte do rock celta de Manchester.

 

Despois chegaría a experiencia en bandas de referencia como Flook e Lunasa e, a finais dos noventa, súa incorporación a Capercaillie.

Nos últimos anos estivo centrado na súa colaboración con Mark Knofler, pero sen abandonar súas raíces tradicionais.

 

TREIXADURA E CANTIGAS E AGARIMOS.

Otra de las bandas confirmadas para este año es  TREIXADURA, uno de los clásicos de la música tradicional de Galicia, que no ha estado nunca en el Festival.

En esta ocasión hace un debut a lo grande, acompañado de la agrupación Cantigas e Agarimos. Un espectáculo de música, baile y canción para la noche del domingo, que se antoja especialmente entrañable por dedicarse a la canción tradicional gallega y al baile.

TREIXADURA, a gran referencia da música tradicional en Galicia

No ano 2015 Treixadura celebrou o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas: “Vendima Tarda”, que deu nome á súa xira de concertos. 

Dada a gran repercusión que esta xira tivo por toda a xeografía galega, no ano 2016 o grupo continuou realizando presentacións deste traballo e igualmente ocorrerá no 2017, ata o momento da publicación do seu próximo disco, no que xa están traballando.

Dende 1990 Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Durante este tempo o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, pero sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva. Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

Foron anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas con outros artistas, como Rodrigo Romaní, Kepa Junkera, Leilía, Quico Cadaval, Tanxarina, Donicelas ou Pedraquetiña, e compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Os cantos que aínda hoxe viven nas tabernas, nos seráns, nos gaiteiros, nos coros, nas bandas de música populares; que permanecen en nós desde a noite dos tempos de man da tradición oral, os libros e cancioneiros… son e serán a inspiración da música de Treixadura. 

Treixadura ao vivo constitúe un gran espectáculo de luz e son con 15 artistas no escenario compartindo as súas emocións co público, ao que fai partícipe e protagonista do seu espectáculo, resultando un gran coro formado por público e artistas, intercambiando as súas emocións e gozando da forza da nosa música.

Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax, entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega. En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega.

O Festival de Ortigueira 2024 celebrarase do 11 ao 14 de xullo

Set 08, 2023

O novo executivo local vén de conformar o Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que, na súa primeira reunión, acorda as datas e a duración da próxima edición. Este novo…

O Festival de Ortigueira finaliza con éxito unha edición “astronómica”

Ago 07, 2023

Os Carecos, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Covagueira son as estrelas que pechan cos seus concertos unha edición que, como ben describía o cartel deste ano, ía ter dimensións cósmicas. 70 horas…

Os aragoneses Muro Kvartet, gañadores do Concurso Runas 2023

Ago 07, 2023

Finalmente foi a aposta do grupo maño, a que lles permitirá volver ao Festival en 2024, como gañadores no que será o 25.º aniversario deste concurso, que segue mantendo inalterable o seu obxectivo de…

Inaugurado o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Hoxe domingo comenzan oito días de concertos gratuitos, obradoiros e actividades

Ago 07, 2023

45 grupos de diferentes países no escenario Estrella Galicia e nas rúas de Ortigueira entre o domingo 9 e o domingo 16 de xullo. Agárdase unha una afluencia de 80.000 personas para desfrutar da…

Máis de 15 bandas e agrupacións pechan o cartel do Festival de Ortigueira

Xuñ 23, 2023

As formacións encargadas de encher de música e ledicia as rúas de Ortigueira poñen a guinda a unha programación que volverá converter a Ortigueira na capital da cultura celta durante oito días. Apenas quedan…

Dous grupos asturianos e un aragonés, finalistas do Concurso Runas 2023

Mai 26, 2023

Guieldu, Alienda e Muro Kvartet chegan á final deste concurso, que en vésperas a alcanzar o cuarto de século, segue mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. Os…