• O Festival celebrarase do13 ó 16 de xullo e amplía a súa oferta cultural alén do Escenario Estrella Galicia.

  • Impartiranse obradoiros de danza, instrumentos tradicionáis e fotografía. Os obradoiros abren o prazo de inscrición o luns 26 de xuño.

  • O Teatro da Beneficencia e a Igrexa Parroquial acollerán concertos e presentación litearias.

 

O Festival de Ortigueira anuncia as actividades culturáis que complementarán os concertos no escenario Estrella Galicia e nas rúas da localidade.

Como en anos anteriores, quen o desexe poderá disfrutar dunha amplia variedade de actividades gratuitas que aportan incrementan as experiencias que se viven neste festival.

 

Este ano, a organización programou os seguintes obradoiros:

  • Obradoiro de empalletado, afinación e problemas da gaita impartido por Antón e Ramón Corral, mestre e artesanos do obradoiro Antón Corral.

  • Obradoiro de iniciación á zanfona impartido por Óscar Fernández para o cal, o Padroado de Cultura de Narón, aportou 9 instrumentos.

  • Obradoiro de danza escocesa impartido por los miembros de The California and District Pipe Band.

Tódolos obradoiros son gratuitos inda que as prazas ofertadas sonlimitadas. As persoas que queiran tomar parte nalgún deles, poderán inscribirse seguindo as indicacións na páxina web do Festival a partires do luns 26 de xuño. As prazas asignaránse por estricta orde de recepción das solicitudes.

 

En colaboración coa organización do Festival, a asociación cultural Galioart, organiza a segunda edición do taller de fotografía documental de rúa impartido por Alberte Pereira que, repite despóis do éxito da pasada edición.

 

A todas estas actividades, únese a oferta cultural no Teatro da Beneficencia e na Igrexa Parroquial. Coma tódalas propostas do Festival, estas actividades tamén son totalmente gratuitas.

Destacan a grande inauguración do Festival o xoves 13 as 20h na Praza do Concello cos concertos de: Os Carecos, Shun Yonebura, Harmonica Creams, Bagad Krevenn Brest Sant Mark, The California and District Pipe Band, Escola de Gaitas de Ortigueira e a Banda de Gaitas de Ladrido.

 

Actividades no Teatro da Beneficencia:

  • Sábado 15 presentarase o novo libro do Mestre Gaiteiro Antón Corral. Contará coa actuación especial da Escola de Gaitas de Ortigueira.

  • O domingo 16, trala emisión en directo do programa de radio Lumen a Palleira, celebrarase o monográfico “Xapón coa música celta” no que participarán: Harmónica Creams, Shun Yonebura, Yoko Takano y Hatao.

 

A oferta complétase co concertó de órgano litúrxico e gaitas no que participan Ernesto Campos, Marcos Campos, membros da Escola de Gaitas de Ortigueira e convidados sorpresa. Este concerto terá o venres 14 de xullo na Igrexaa Parroquial de Ortigueira.

 

Toda a programación e horarios pode consultarse na web do Festival www.festivaldeortigueira.es

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…

Finaliza con éxito unha nova edición do Festival de Ortigueira con máis de 100.000 persoas

Xul 15, 2024

O festival celebrou catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, a pesar da choiva nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seiu último…

Resumo da terceira xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 14, 2024

O festival  chegou este sábado á súa terceira xornada, inaugurada pola mañá coa recepción oficial de bandas que participarán mañá domingo no “Desfile das Nacións Celtas” A xornada inaugurouse ás 12 en punto da…

Así discorreu a segunda xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 13, 2024

O festival chegou esta noite de venres ao seu ecuador tras unha xornada diurna e unha noite enteira de concertos que congregaron a miles de persoas nas rúas e a Alameda de Ortigueira. A…

Inaugurado o Festival de Ortigueira 2024

Xul 11, 2024

O acto tivo lugar na praza Isabel II, no que participaron autoridades, bandas e tivo lugar o izado de bandeiras das nacións celtas. Ás oito en punto da tarde, o presentador do acto, Xalo,…