O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a súa edición máis longa. #OMáisLongoDaHistoria terá lugar do 10 ao 17 de xullo, con Tanxugueiras e Red Hot Chilli Pipers como dous das súas cabezas de cartel. 

Despois de dúas cancelacións consecutivas por causa da pandemia orixinada pola Covid-19, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta as primeiras confirmacións de grupos asistentes á que será a edición máis longa da súa historia, do 10 ao 17 de xullo. 

Desde o comité organizador búscase apoiar e difundir a cultura galega con máis forza se cabe do que xa viña facendo durante as últimas edicións.

Tanxugueiras son as artistas revelación da fusión da música tradicional e os ritmos urbanos. Olaia, Aida e Sabela, cantareiras dunha nova década, destacan como as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e á reformulación da música tradicional galega, contando con referentes como Leilía, Mercedes Peón ou Milladoiro.

Tras o seu paso polo Benidorm Fest, onde se postularon como as favoritas do público para representar a España en Eurovisión 2022, están chamadas a levar a súa enerxía e revolución por escenarios de todo o mundo.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira repite a súa aposta polo equilibrio entre os talentos emerxentes e consolidados do noso panorama folk, non en van o Festival xa contou co trío de pandeireteiras na última edición celebrada no verán de 2019.

A elas súmanselles, chegados desde Escocia, os Red Hot Chilli Pipers, para o que será o seu primeiro concerto en terras galegas.

Tras innumerables concertos e xiras ao redor do mundo o grupo escocés encherá o escenario principal coa súa fusión de rock e música tradicional escocesa nun espectáculo que xa é considerado como un fenómeno mundial. 
A organización quere agradecer as numerosísimas mostras de agarimo do público e o apoio recibido durante os últimos dous anos e espera poder ofrecer un festival inesquecible a todxs xs amantes da música celta!

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ en el 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…