O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volta coa que será a súa edición máis longa. Wolfstone e Luar na Lubre súmanse a #OMáisLongoDaHistoria, que terá lugar do 10 ao 17 de xullo.

Desde o comité organizador, co obxectivo de seguir apoiando e difundindo a cultura galega, contarase, unha vez máis, co icónico grupo Luar na Lubre. Os coruñeses, en activo desde 1985, volven a Ortigueira coa súa particular proposta musical, inspirada na música tradicional, principalmente na música folk europea e na  música celta.

Ao tempo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira repite a súa aposta por un dos grupos internacionais máis queridos polo público: os escoceses Wolfstone. Con máis de tres décadas ás costas, o grupo trae de novo a Ortigueira a súa mestura de folk tradicional e rock, que deriva en directos enérxicos que farán vibrar ao público.

Ademais, a organización confirma que Tanxugueiras botará a andar #Ortigueira2022 o domingo 10 de xullo, mentres que Red Hot Chilli Pipers actuará o venres 15 e Wolfstone o sábado 16. Luar na Lubre actuará o derradeiro día de #OMáisLongoDaHistoria, o domingo 17.

A organización quere agradecer as numerosísimas mostras de agarimo do público e o apoio recibido durante os últimos dous anos e espera poder ofrecer un festival inesquecible a todos/os os/as amantes da música celta!

Dous grupos asturianos e un aragonés, finalistas do Concurso Runas 2023

Mai 26, 2023

Guieldu, Alienda e Muro Kvartet chegan á final deste concurso, que en vésperas a alcanzar o cuarto de século, segue mantendo inalterable o seu obxectivo de promocionar os novos valores da música Celta. Os…

Dous grupos locais completan o cartel do Festival de Ortigueira

Mai 23, 2023

Os Carecos e Covagueira poñerán, xunto a Xabier Díaz, o broche douro ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo. Coa incorporación de Os…

Mallou, Bagad Sonerien An Oriant e Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band se suman ao cartel do Festival de Ortigueira

Mai 19, 2023

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora tres novas agrupacións chegadas dende Galicia, Bretaña e Escocia ao cartel de #EscoitaÁsEstrelas, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo. Coa actuación de…

Aberta a convocatoria para a Feira de Artesanía do Festival de Ortigueira 2023

Mai 12, 2023

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira abre o prazo para a presentación de propostas para a Feira de Artesanía, que terá lugar do 9 ao 16 de xullo. Xa están dispoñibles as…

O Festival de Ortigueira presenta aos 10 candidatos seleccionados do Concurso Runas 2023 e abre a votación online

Mai 05, 2023

O Concurso Runas, que se vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e a música celta a través da promoción dos grupos noveis. O comité técnico do Concello…

Elephant Sessions, Mec Lir e A Banda das Crechas novas confirmacións para Ortigueira 2023

Mai 02, 2023

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora a Elephant Sessions, Mec Lir e A Banda das Crechas ao cartel de #EscoitaÁsEstrelas, que se celebrará do 9 ao 16 de xullo. Despois dos…