Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara 

Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de marzo, o acto de presentación do cartel que será a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. O gañador do Concurso de Carteis promovido pola entidade, ao que se presentaron máis de 100 propostas, é obra dos ponteses Juan Prieto e Joseba Silvent, e a súa revelación estivo acompañada por un avance da programación musical do Festival. 

O acto comezou coa intervención do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, quen destacou a consolidación do Festival como epicentro mundial da músical folk e celta. Proba deste fito, que supera as expectativas ano tras ano, son os momentos inesquecibles que se dan cada verán, no que merece especial mención o acontecido no 2025 co 50º aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira: “Vivimos momentos inesquecibles, como o Desfile das Nacións Celtas coa Escola ao completo, con integrantes actuais e das diferentes xeracións que viviron o fulgor da Escola durante toda a súa traxectoria e, co seu membro fundador e primeiro director, Javier Garrote á fronte, rematando nunha Praza de Isabel II ateigada e emocionada”

Tras lembrar os momentos que xa forman parte da memoria do Festival, o acto pasou a un dos instantes máis emotivos da tarde. Nun xesto emotivo: o alcalde convidou a subir ao escenario a Bruno Lozano para renderlle unha pequena homenaxe pola súa traxectoria á fronte da presidencia da Escola de Gaitas durante os últimos doce anos. En agradecemento, o alcalde fixo entrega do escudo do Concello de Ortigueira, como recoñecemento institucional ao seu compromiso, o traballo realizado e ao pulo dado á Escola durante a súa etapa. Un acto que Bruno Lozano agradeceu, poñendo en valor o esforzo de toda a Escola na contribución ao Festival: “o traballo é de todos, eu simplemente son un nome. A Escola segue sendo referente e a mellor banda de gaitas do mundo”. 

Logo foi o turno dun dos momentos máis agardados cada ano, a presentación en primicia da imaxe gráfica deste 2026, que este ano recaeu nos veciños ponteses, Juan Prieto, deseñador e tatuador, e o deseñador Joseba Silvent, gañadores dun certame “que volveu demostrar a enorme capacidade de convocatoria e inspiración que xera o noso Festival, con máis de 100 propostas recibidas, con estilos, técnicas e interpretacións moi persoais”. Da obra, destacou tamén a naturalidade e forza coa que esta conecta co espíritu e esencia do Festival, e foron os gañadores quenes explicaron en detalle o seu proceso creativo da súa obra titulada Romaría: “intentamos representar a atmósfera a través das diferentes etapas que viviu o Festival e homenaxear ao primerio cartel empregando as mesmas cores”. 

Co cartel desvelado, foi o turno de Sofía García, secretaria da Escola de Gaitas, quen anunciou algunhas das bandas que percorrerán as rúas de Ortigueira, Bagad de Vannes, Banda Gaites Saxum, Grupu Etnográficu L’Oriente e Bandina Los Maruetos. Mais, como nova integrante no Comité Organizador, quixo poñer en valor que o espíritu da Escola segue e seguirá: “Ese espírito baséase na transmisión, no relevo xeracional, en aprender de quen estivo antes e en asumir con responsabilidade. Un traballo que continuaremos co saber facer e a pegada que Bruno, e os directores anteriores, deixan na Escola”. 

Á presentación das bandas que formarán parte do Festival na Rúa, seguiulle o avance dos artistas convidados ao escenario principal da Alameda. Alberto Balboa, director do Festival, como é habitual, foi o responsable de introducir a programación: “Solas, referente indiscutible da música celta nos EEUU, regresan tras vinte anos desde a súa última actuación no Festival. Valtos, nativos da escocesa Illa de Skye, achegaranos unha proposta electrónica que xa conquistou ao público escocés acadando nominacións e premios nas illas británicas. O quintento irlandeses Lúnasa conquistou ao público no Festival no Teatro no 2018 e tamén no verán, onde os poderemos escoitar as súas melodías este ano, e o trío bretón Noon que chega por primeira vez ao noso escenario. O galego Anxo Lorenzo, volve coa súa banda tras o seu paso no 2023 con Eoghan Neff, e da veciña Asturias contaremos co gaiteiro Rubén Alba e a súa banda, que subiranse por segunda vez ao escenario do Festival.

Pechou o acto o alcalde con verbdas de agradecemtno para todas aquelas persoas e entidades que fan posible o Festival: “patrocinadores públicos e privados, artistas, voluntariado, Protección Civil, corpos e forzas de seguridade, persoal técnico e traballadores e traballadoras do Concello, encabezados polo director do Festival, Alberto Balboa, polo seu compromiso e profesionalidade. E, unha vez máis, á Escola de Gaitas de Ortigueira, por ser un piar e motor do Festival.” Tras o cal deu paso á mellor forma de pechar este acto de presentación, con música, e presentou a actuacióndo grupo pontés Nimbos. 

Recollida de obras non seleccionadas

Os traballos non seleccionados poderán ser recollidos presencialmente ou reclamados vía Fax ou correo electrónico ao enderezo carteis@festivaldeortigueira.com seguindo o procedemento recollido nas bases do concurso, a partir do día 9 de marzo, tendo ata o 9 de abril para xestionar a súa recollida.

A organización non quere deixar de agradecer o esforzo de todos os participantes e resaltar novamente a altísima calidade dos traballos recibidos. 

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regularán la autorización para la venta ambulante en la feria de Artesanía en el Festival en año 2026

Mai 21, 2026

El Concello de Ortigueira hace públicas las bases para la adjudicación de casetas y espacios públicos a personas físicas y jurídicas interesadas en participar en la próxima edición del Festival Internacional do Mundo Celta. El evento,…

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…