O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora a Talisk, Susana Seivane e Covagueira ao cartel de #OMáisLongoDaHistoria, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo. 

Despois dos anuncios de Tanxugueiras, Red Hot Chilli Pipers, Wolfstone, Luar na Lubre, Baiuca e Xosé Lois Romero e Aliboria o comité organizador confirma tres novas actuacións para o Festival de Ortigueira 2022.  

Talisk, un dos grupos de folk máis populares de Escocia, chegará a Ortigueira por primeira vez co seu son explosivamente enérxico pero enxeñosamente tecido. O trío formado por Mohsen Amini, Benedict Morris e Graeme Armstrong presentará o seu terceiro disco “DAWN” sobre o escenario principal o xoves 14 de xullo

Susana Seivane volve ao Festival de Ortigueira coa súa proposta que mestura a música tradicional con sons novidosos. Xunto coa súa característica gaita e un elenco de cinco músicos de primeiro nivel, farán desfrutar ao público cunha selección do seu repertorio, e algúns temas do seu último traballo “FA”, o venres 15 de xullo. 

Covagueira, o grupo nado no seo da Escola de Gaitas de Ortigueira, terá a súa estrea no Festival o xoves 14 de xullo. Un grupo formado en 2015 que foi evolucionando en diversos formatos ata chegar no 2019 á formación actual, con novos instrumentos e sons, pero mantendo a esencia característica de Covagueira.

Ademais, lembramos que o prazo para entregar toda a documentación para presentarse á Feira de Artesanía (que soamente será válida por correo certificado ou mediante entrega presencial) remata o mércores 27 de abril. A súa vez o prazo para inscribirse no Concurso Runas 2022, onde grupos noveis optan por actuar en #Ortigueira2022, remata o venres 29 de abril.

Descarga as bases de Artesanía en: www.festivaldeortigueira.com/artesania

Descarga as bases do Runas en: www.festivaldeortigueira.com/runas 

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ en el 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…