#OMáisLongoDaHistoria gaña o prestixioso premio que otorga a Asociación Músicas ao Vivo.

Onte déronse a coñecer os gañadores dos IX Premios Martín Códax da Música na gala celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra. Entre os 18 festivais que se presentaron, o Festival de Ortigueira foi seleccionado como finalista xunto ao Canjazz e o Canteira Fest, resultando finalmente gañador desta edición na categoría de “Festivais”.

Recolleron o premio en nome do Concello de Ortigueira o alcalde, Juan Penabad, o concelleiro de Festival Ángel Lozano, e o seu director, Alberto Balboa, que quixeron agradecer tanto á Asociación Músicas ao Vivo por este importante recoñecemento, como a Bodegas Martín Códax por seguir fomentando e impulsando a música feita en Galicia e a todo o público por todas as mostras de agarimo recibidas.

No acto recordaron emotivamente os comezos en 1978, cando o palco feito polos veciños estaba aínda no peirao, a mercé das subidas e baixadas da marea, e salientadamente, agradeceron á Escola de Gaitas de Ortigueira, que desde os seus comezos representa o xerme e alma do evento, pois xa son 44 anos desde que a ilusión e o tesón dunha serie de rapaces e rapazas capitaneados por Xabier Garrote, fixo posible o nacemento do Festival. “Este premio é un recoñecemento para eles e para todas as persoas que pasaron pola organización, para os artistas que nos fan desfrutar da súa música ano tras ano, para o equipo técnico que traballa coidando cada detalle e para todo o persoal municipal que fai posible que o noso Festival sexa un evento de Interese Turístico Internacional.”

Por último, agradeceron ao pobo de Ortigueira, que se implica activamente para que todo saia o mellor posible, acollendo con xenerosidade e hospitalidade aos milleiros de turistas de todas as partes do mundo. Agradeceuse tamén o cariño recibido a través das redes sociais durante os dous anos de parón, e que desde a organización tentaron devolver este ano cunha edición moi especial, a de #OMáisLongoDaHistoria.

En concreto, esta pasada edición contou cunha completa programación cultural e musical de 8 intensos días nos que máis de 100.000 visitantes gozaron das diferentes propostas da música Celta. Os concertos de Tanxugueiras, Susana Seivane, Red Hot Chilli Pipers, Digresk, Wolfstone, Talisk e Baiuca foron os máis multitudinarios. Supermercados sen existencias ou caixeiros sen efectivo deron fe das elevadas cifras que repercuten directamente na economía da vila, deixando máis de 15 millóns de euros de retorno económico.

Os obradoiros e cursos de fotografía documental da rúa, baile bretón, asturiano e galego, esgotaron as prazas dispoñibles semanas antes, e ampliaron a súa capacidade ata o dobre, demostrando a implicación e participación no Festival de nenos e maiores. Os concertos na igrexa de fusión galego-irlandesa, a Feira de Artesanía, o ciclo Festival no Teatro e as exposicións de fotografías e instrumentos medievais, completaron oito xornadas na que a cultura Celta e o espírito do Festival volveu tras dous anos a Ortigueira coa esencia da unión das oito Nacións Celtas que a dirección aposta por recuperar.

E finalmente, un dos momentos máis agardados, o Desfile das Nacións Celtas, acompañada perante todo o percorrido desde ambas beiras das rúas por veciños e visitantes. En resumo, 43 formacións musicais,  máis de 400 artistas entre músicos e artesáns. Oito días que supuxeron un éxito de afluencia, ambiente e calidade musical e cultural nos diversos espazos e rúas de Ortigueira.

Presentado o cartel do Festival de Ortigueira 2023

Feb 25, 2023

“Escoita Ás Estrelas” é o lema do cartel que o Concello de Ortigueira presentou hoxe sábado xunto cun avance da programación. A cita de 2023 celebrarase do 9 ao 16 de xullo.  O acto…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia as datas de celebración da edición de 2023. A aposta pola ampliación de datas mantense con oito días de duración, do 9 ao 16 de xullo.

Xan 20, 2023

Acabouse a espera. O Alcalde de Ortigueira, Juan Penabad Muras, confirmou na Feira Internacional de Turismo FITUR o que os milleiros de seguidores do Festival agardaban con impaciencia. E levan unha nova alegría, o…

O Festival de Ortigueira foi homenaxeado na XXXIV Xuntanza de Gaiteiros

Out 31, 2022

A Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene homenaxeou ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira na 34ª edición da Xuntanza de Gaiteiros, que se celebrou este sábado 29 de outubro.  A S.C.R.D.…

Os galegos Trikitrí, os madrileños JDC e os escoceses Holiday Club, gañadores do concurso Runas 2022

Xul 16, 2022

Cada grupo percibe 3.000 € e os tres grupos actuarán en 2023. A Comisión de selección para os finalistas e gañador do Proxecto Runas 2022, unha vez analizados os grupos finalistas dos anos 2020,…

CAMBIO: Óscar Fernández & Manu Fraguela actuarán o 16 de xullo no #FestivalNoTeatro durante #OMáisLongoDaHistoria

Xuñ 20, 2022

O concerto de Óscar Fernández e Manu Fraguela pasa ao sábado 16 no Teatro de Beneficencia en lugar do venres na Igrexa. Óscar Fernández & Manu Fraguela, tras se coñecer na Escola de Zanfonas…

A Escola de Gaitas de Ortigueira encabezará #OMáisLongoDaHistoria

Xuñ 17, 2022

Fundadora do Festival en 1978 e todo un referente en Galicia, será un ano máis pulmón, corazón e alma do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira,  que se celebrará do 10 ao 17…