O Comité Organizador ultima os preparativos para a cita máis importante do ano, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que terá lugar entre o 11 e o 14 de xullo.

O Festival na Rúa, emblemática sección organizada pola Escola de Gaitas de Ortigueira dentro da oferta musical do Festival, é unha oportunidade única para que os visitantes que se dan cita durante eses días en Ortigueira gocen da música celta e a música folk na súa forma máis pura mentres pasean polas rúas da vila Ortegana. 

Este ano, contará coa participación das seguintes bandas e agrupacións:

– A Requinta de Lampai (Galicia)

– Asociación Cultural Donaire (Galicia)

– Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro (Barcelona)

– Asociación Cultural Troula do Ortegal (Galicia)

– Axeigo (Galicia)

– Bagad Brieg (Bretaña)

– Banda de Gaitas de Vega de Espinareda (El Bierzo)

– Banda de Gaitas do Ortegal (Galicia)

– Banda de Gaitas Ladrido (Galicia)

– Banda de Gaites Candás (Asturias)

– Banda Gaites Villaviciosa El Gaitero (Asturias)

– Bandina de Cuaya (Asturias)

– Escola de Gaitas de Ortigueira (Galicia)

– Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band (Escocia)

– Petricor (Galicia)

Como broche final, na mañá do domingo 14 de xullo terá lugar o Desfile dás Nacións Celtas, onde as bandas e agrupacións participantes marcharán xuntas celebrando as súas raíces e tradicións. Esta celebración multicultural crea nas rúas unha máxica atmosfera, onde a mestura de sons, vestimentas, cores e tradicións reforza a irmandade das oito Nacións Celtas.

Nas próximas semanas daranse a coñecer os horarios e percorridos do Festival na Rúa, así como toda a información do resto das actividades que rodean ao Festival, exposicións, charlas, obradoiros de baile e concertos dentro do ciclo Festival no Teatro.

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…

Mónica Fustes deseñará o cartel do Festival de Ortigueira 2025

Ago 02, 2024

O Comité Organizador aposta polo talento local para a imaxe dunha edición marcada polo 50 aniversario do nacemento da Escola de Gaitas de Ortigueira. En 2025, a Escola de Gaitas de Ortigueira celebrará o…

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…

Finaliza con éxito unha nova edición do Festival de Ortigueira con máis de 100.000 persoas

Xul 15, 2024

O festival celebrou catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, a pesar da choiva nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seiu último…

Resumo da terceira xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 14, 2024

O festival  chegou este sábado á súa terceira xornada, inaugurada pola mañá coa recepción oficial de bandas que participarán mañá domingo no “Desfile das Nacións Celtas” A xornada inaugurouse ás 12 en punto da…