O festival  chegou este sábado á súa terceira xornada, inaugurada pola mañá coa recepción oficial de bandas que participarán mañá domingo no “Desfile das Nacións Celtas”

A xornada inaugurouse ás 12 en punto da mañá, momento no cal o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, Ana Cartelle, a concelleira de Cultura, Saúde e Educación e Alberto Balboa, director do festival, xunto con José López Campos, Conselleiro de cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia, recibían no claustro do concello ás 11 as bandas participantes no tan esperado desfile do domingo. O acto partirá da Alameda ás 11:30 h, e finalizará ao redor das 15 h na praza Isabel II, encabezadas pola Escola de Gaitas de Ortigueira, e seguidas da Bagad Brieg, de Bretaña, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, de Escocia, Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, de Barcelona, Banda de Gaitas de Vega de Espinareda, do Bierzo, Banda de Gaites Candás, de Asturias,  Banda de Gaites Villaviciosa o Gaiteiro, Banda de Gaitas Ladrido, Banda de Gaitas do Ortegal, Asociación Cultural Troula do Ortegal, e finalmente a coruñesa Asociación Cultural Donaire.

No Festival na rúa, a programación de toda a xornada iniciouse tamén ás 12:00 h. cos pasacalles a cargo da Banda de gaitas de Vega de Espinareda, ás 12:30 h. a Banda de gaitas de Vega de Espinareda, 13:00 h. Bagad Brieg, 13:30 h. Petricor, 16:00 h. Banda de gaitas Candás, 17:00 h. Asociación cultural galega Rosalía de Castro, 18:00 h. Bandina de Cuaya, 19:00 h. Petricor e para finalizar, ás 20:00 h. a Peoples Ford Boghall and Bathgate Caledonia Pipe Band demostraron o seu talento para pechar o festival na rúa de hoxe.

No Peque Festival, Uxía Lambona e a Banda Molona encheron de alegría tamén pola mañá un teatro de beneficencia repleto de nenos e familias desde moito antes de comezar a actuación infantil.

Xa entrada a noite, tiveron lugar os concertos no Escenario Estrela Galicia. Ás 21:30 abriu a xornada nocturna Ailá, unha enerxía universal feita “de raíces e de ás”. Recollidas do saber popular ao vivo sobre o escenario Estrela Galicia.

Ás 22:45 h, Capercaille, o grupo que desde Argyll, nas Terras Altas de Escocia, mostra  a forza pioneira e inspiradora en levar a música tradicional celta ao escenario global. Raíces, enerxía e calidade que puxeron a todos a pel de galiña.

Seguidamente, ás 00:15, Dervish, recoñecidos como un dos grupos máis creativos e influentes da música folclórica irlandesa, dedicou máis de tres décadas a revitalizar as cancións tradicionais de Irlanda. O seu proxecto máis recente revive os seus clásicos, dándolles unha nova vida e asegurando a súa relevancia para futuras xeracións ao colaborar con artistas de varios xéneros, expandindo e enriquecendo o seu son.

Xa á 01:40 h foi a quenda de NoGood Boyo, que ofreceu sobre o escenario unha explosiva fusión de DnB, rap, tecno e electrónica, mostrando o equilibrio perfecto entre unha homenaxe á súa herdanza galesa e a temeridade sen límites. O grupo toma o termo “trash-trad” dos puristas que os critican e convérteno nun distintivo de orgullo, levando a tradición galesa a un novo nivel con vestimentas que inclúen monos, lentes de sol e chapeus tradicionais galeses, elementos típicos da iconografía de Barry Island.

E pecharon a xornada Aroze ás 03:00 h co seu potente espectáculo rítmico e unha brillante proposta audiovisual. Con influencias dos mundos celtas e orientais, Antoine, Alexandre e Anfrey mesturaron virtuosamente expresivas melodías de violín con electro percusivo, impregnando o escenario dunha enerxía épica para pechar os concertos do sábado.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…