O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con máis de 4.000 votos

Na xornada do xoves 10 de xullo, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira acolleu a final do seu singular Concurso Runas no que novas promesas e formacións do panorama folk e celta se citaron para conseguir unha praza no escenario o próximo ano. Os madrileños Xara impuxéronse aos outros dous finalistas, Darach e Rae, Dalama & Carballido, resultando gañadores dunha reñida xornada na que a hibridación de músicas e culturas foi protagonista en todos os grupos participantes.

O xurado, presente nos concertos para emitir o seu voto, estivo formado por Bruno Lozano, músico e gaiteiro e presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira, Ricardo Mouriño, músico ferrolán integrante do grupo BÖJ – formación gañadora do Concurso Runas 2016 – e o actual director do Festival, Alberto Balboa. Para o seu veredicto, non bastou con estar presente nos concertos e gozar do ambiente senón que tamén se tiveron en conta aspectos como a posta en escena,

NP_2025.07.10_XARA GANADOR_RUNAS_.docx

presenza e directo ou parámetros técnicos como a afinación, profesionalidade e técnica, ademais da súa afinidade co Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Esta actuación, pola cal cada grupo percibiu un caché incrementado nesta edición a 2.000 euros, supón un acceso directo ao Festival de 2026, ocasión na que Xara percibirá un caché de 3.000 euros.

O fallo do xurado demorouse até hoxe sábado, pois foi moi difícil para o xurado decidirse, debido ao altísimo nivel e variedade das propostas defendidas no Escenario Estrella Galicia. A noticia fíxose pública hoxe, nos medios de comunicación, ademais da páxina web e redes sociais.

Xara está conformado por Irene Vioque ao violín, Guillermo Zumajo con flauta irlandesa de madeira e whistles, Alejandro Delgado con guitarra acústica e bouzouki irlandés e Víctor Álvarez, con gaita asturiana, flauta irlandesa de madeira, whistles e bodhran. Foron os últimos dos tres finalistas desta edición do Concurso Runas 2025 en saír ao escenario Estrella Galicia. O grupo de folk de orixe madrileña pechou a final poñendo todo o talento e paixón.

Votación 2025

XARA (32%, 4.630 Votos)
RAE, DALAMA & CARBALLIDO (21%, 3.075 Votos) DARACH (1%, 195 Votos)

O concurso, que cada vez ten máis acollida, e no que xa participaron máis de 200 bandas nacionais e internacionais, reflicte a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveles dentro da música celta e folk. No conxunto desta edición, participaron na elección dos 3 finalistas un total de 13.952 persoas que votaron online. Os traballos dos grupos seleccionados puideron escoitarse na páxina web do Festival a partir de maio, momento no que se activou o proceso de votacións na páxina web oficial www.festivaldeortigueira.com ou www.festivaldeortigueira.gal. Os grupos finalistas determínanse por un sistema de 5 votos: un voto online e os outros 4 dun xurado especializado.

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…