O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou a iniciar en 1978, tres anos despois de fundarse, e que hoxe é un referente mundial da música Folk. 

Nesta edición na que pasaron grupos tan míticos como Gwendal, La Bottine Sourriante, Milladoiro ou Flook, e outros  de referencia dentro e fóra das nosas fronteiras como a Kevrenn Brest Sant Mark ou David Pasquet, a protagonista absoluta foi a Escola de gaitas da vila e os seus directores e integrantes, do pasado e do presente. A Escola de Gaitas de Ortigueira foi homenaxeada como símbolo vivo da cultura galega, cunha actuación moi especial no escenario Estrella Galicia na noite do venres 11, que serviu de antesala para o multitudinario Desfile das Nacións Celtas.

O Desfile das Nacións Celtas, encabezado pola Escola nunha formación inédita, composta por máis de 150 músicos de diferentes xeracións da institución, abriu a xornada do domingo.

Os 5 intensos días de festival pecháronse hoxe co seu momento máis emotivo: o agardado Desfile das Nacións Celtas, no que delegacións de diversos países de forte tradición celta se dan cita para compartir a súa cultura, música e danzas. Este desfile foi unha das maiores atraccións da xornada, reafirmando a vocación do Festival como unha plataforma para a difusión e o intercambio cultural. 

O desfile foi dirixido por Rodrigo López, director da Escola desde 2004 e encabezado polo actual Presidente Bruno Lozano, acompañados en primeira fila polos outros tres directores, Xavier Garrote, César Muíño, Xavier Pena (Bossa) e María del Mar Fernández quen tamén exerceu esa labor nalgúns intervalos. 

Participaron as formacións: Kevrenn Brest Sant Mark (Bretaña), Banda de Gaitas do Ortegal (Galicia), Banda de Gaites Castrillón (Asturias), Banda de Gaitas Ladrido (Galicia), Banda de Gaitas Lembranza Solpor (Galicia), Banda de Gaitas Xarabal (Galicia), Grupu Folclóricu Prau Llerón (Asturias), Banda de Gaitas Herba Grileira (Galicia), Caledonian Cowboy Collective Pipe Band (Escocia), Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas (Galicia). 

Cabe destacar a sentida interpretación do himno galego dirixido polo primeiro Director da Escola de Gaitas de Ortigueira, e co-fundador do Festival, Don Xavier Garrote. Ningún dos presentes puido conter a emoción, nunha praza totalmente ateigada, co corazón e a respiración contida por todos e cada un dos integrantes da Escola, que contaxiou a veciños e visitantes vidos de diferentes partes do mundo, que se ben pode que non entenderan a letra, de seguro entenderon perfectamente o sentimento que envolveu ese instante histórico.

A Escola é unha institución cultural no municipio e símbolo da defensa da gaita galega como parte esencial da nosa identidade. “o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira é unha celebración de todo un pobo que leva medio século apostando pola súa cultura e polo poder transformador da música”, sinalou na inauguración o actual presidente, Bruno Lozano. 

O festival continuou durante todo o domingo, ofrecendo nestes cinco días a todos os visitantes, tanto aos que viron a pasar o día, como aos que residiron na vila ou aqueles que se achegaron a Morouzos, gozar dunha experiencia única en Ortigueira, un lugar onde cultiura, comunidade e música, mistúranse baixo a maxia das oito nacións celtas. 

O evento pechou esta noite cunha última xornada musical que estivo á altura da emoción vivida estes días. Este domingo 13 de xullo, arrancou ás 20:30 h os concertos da noite unha moi especial actuación das agrupacións do Concello de Ortigueira, Asociación Cultural Gamelas e Anduriñas, Troula do Ortegal e a banda de gaitas de Ladrido, e xa entre as 22:00 h e as 00:50 h, o escenario Estrella Galicia acolleu os concertos de Tiruleque, José Manuel Tejedor e Breo, poñendo o broche de ouro a unha edición para a historia. O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebra desde hai máis de 45 anos, é unha das citas máis importantes do calendario musical de Galicia e un referente a nivel mundial na promoción da música celta. Durante todo o evento, os asistentes teñen a oportunidade de vivir a diversidade e riqueza das tradicións celtas a través de concertos, actividades e encontros culturais.


El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regularán la autorización para la venta ambulante en la feria de Artesanía en el Festival en año 2026

Mai 21, 2026

El Concello de Ortigueira hace públicas las bases para la adjudicación de casetas y espacios públicos a personas físicas y jurídicas interesadas en participar en la próxima edición del Festival Internacional do Mundo Celta. El evento,…

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…