O festival celebrou catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, a pesar da choiva nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seiu último concerto del domingo.

Miles de persoas fixeron por cuarto día consecutivo o paseo habitual desde a zona de descanso de Morouzos, ou ben usaron o servizo de buses implantado polo concello. Igualmente os aparcamentos estiveron cheos especialmente os días centrais, venres e sábado, nos que de afeccionados á música celta chegados de moi diversos puntos da península abarrotaron a vila, demostrando que Ortigueira durante estes días convértese na capital mundial da música celta.

O domingo comezou coa saída desde a Alameda ortegana ás 11:30 h das once bandas participantes no Desfile dás Nacións Celtas e finalizou nunha explosión de música ao redor das 15 h na praza Isabel II. Encabezadas pola Escola de Gaitas de Ortigueira, a sigueron no desfile a Bagad Brieg, de Bretaña, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, de Escocia, Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, de Barcelona, Banda de Gaitas de Vega de Espinareda, do Bierzo, Banda de Gaites Candás, de Asturias,  Banda de Gaites Villaviciosa o Gaiteiro, Banda de Gaitas Ladrido, Banda de Gaitas do Ortegal, Asociación Cultural Troula do Ortegal, e finalmente a coruñesa Asociación Cultural Donaire.

Pola tarde, Troula de Ortegal e A Requinta de Lampai animaron as rúas de novo, e no teatro de beneficencia cos Carunchos deixaron mostra da súa calidade nun espazo unha vez máis, cheo ata a bandeira, neste caso ata a bandeira das oito nacións celtas.

Xa entrada a noite, tiveron lugar os concertos tamén por cuarto día no Escenario Estrela Galicia. Ás 21:30 h abriu a xornada nocturna a Asociación Cultural Donaire, que compartiu interese coa final da Eurocopa de fútbol que se emitía na pantalla instalada polo Concello na praza de Isabel II.

Ás 22:45 h, Muro Kvuartet demostrou o acertado da súa elección como gañadores do Runas 2023, reafirmando o seu talento e facendo gala da súa evolución musical durante este último ano, pasando de promesa no panorama folk a unha realidade consolidada, á vez que animada e participativa, pois fixo bailar en #roda aos espectadores que baixo a choiva dese momento gozaban do festival.

Seguidamente, ás 00:15 h, o asturiano Jose Manuel Tejedor, gañador dun Premio Nacional de Música e tres veces gañador do Trofeo Macallan, trouxo a Ortigueira o seu último traballo “Lluz” cheo de melodías.

O último concerto, previsto para as 01:45 h a cargo de Böj, tivo que ser cancelado pola intensa choiva, que afectaba ao escenario.

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…