A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida.

A noite do venres 11 de xullo de 2025 no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira quedará para a historia. A agrupación ortegana, que organiza desde 2014 a sesión inaugural e o desfile de bandas —un acto que enche de música e tradición as rúas da vila—, e que participa na sesión de concertos do venres, viviu este ano o seu momento de esplendor cun multitudinario concerto no que participaron os catro directores que tivo ao longo da súa historia.

Este concerto tan especial, acompañado de emotivos discursos e proxeccións nas pantallas, dividiuse en varias partes, iniciándose coa Escola actual e todas as xeracións sobre o escenario, o que sumaba un total de 150 persoas.

A conexión co espírito fundacional do evento comezou a pasada noite coa dirección de Xavier Garrote, o seu fundador e primeiro director, entre 1975 e 1982. Así, as dúas primeiras pezas foron “Ledicias da vila ortegá” e “Foliada de Ortigueira”, dirixidas polo propio Garrote. Fundada en 1975, a de Ortigueira é a banda de gaitas decana de Galicia, e Garrote fixo dela a banda pioneira do movemento gaiteiro moderno. Cunha trintena de músicos entre gaiteiros, percusionistas e cadro de baile, presentaron un repertorio tradicional de música e danza.

A continuación foi a quenda da “Xeración César”, en homenaxe a César Muíño, director entre 1982 e 1989, da “Xeración Bossa” con Xavier Pena Bossa, director entre 1990 e 2004, para rematar coa “Xeración Rodrigo”.

Dirixida actualmente por Rodrigo López durante os últimos 21 anos, con el interpretáronse a “Muiñeira de Lagares” e “Polca para Pucho”. A Escola é unha institución cultural no municipio e símbolo da defensa da gaita galega como parte esencial da nosa identidade.

Ademais, como novidade, proxectáronse imaxes da exposición “50 anos da Escola de Gaitas de Ortigueira. O valor do noso”, que está aberta durante todo o festival no edificio do Concello. Un percorrido pola súa traxectoria, polas persoas que a fixeron posible, polos momentos que a definiron e polo que son hoxe: unha Escola que continúa medrando, formando e soñando.

Antón Corral, recoñecido luthier que construíu as primeiras gaitas e zanfonas da formación, non quixo faltar á cita, coincidindo co seu 89 aniversario, e non perdeu o momento do grupo didáctico de pitos, zanfonas e requintas, que el mesmo creou nos inicios da Escola.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

Inaugurado o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira no aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 09, 2025

No acto inaugural do Festival, que se completou coa firma do presidente da Xunta de Galicia no libro de honra do evento, homenaxeouse á Escola de Gaitas de Ortigueira polo seu 50º. aniversario e…