Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12 de xullo do 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 xa está en marcha. Tan só unha semana despois da finalización dunha histórica edición na que se conmemoraron os 50 anos de vida da Escola de Gaitas de Ortigueira, impulsora do Festival, o Concello de Ortigueira pon data ao Festival do 2026. Este durará catro días, do xoves 9 de xullo ao domingo 12 de xullo. 

Unha cita que volverá a converter a Ortigueira no epicentro do panorama folk a nivel mundial, contando de novo na súa programación con artistas internacionais e apostando por artistas noveis e emerxentes a través do Concurso Runas 2025, que se desenvolverá na próxima primavera. No 2026, a agrupación madrileña Xara, gañadora do Concurso Runas 2025, compartirá cartel e escenario con artistas con traxectorias consagradas e consolidadas. 

Con case cinco décadas de historia, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira continúa renovándose sen perder a súa esencia. Esta próxima edición seguirá apostando pola calidade artística, a diversidade cultural e a unión entre as diferentes Nacións Celtas a través da música. A organización traballa xa no deseño da programación musical e cultural do 2026. 

Con este anuncio arrinca oficialmente o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026. Nas próximas semanas coñeceranse máis detalles sobre a programación, as bandas invitadas e as actividades complementarias. 


O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ en el 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…

O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz

Feb 02, 2026

●  O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica…

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…