As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis para a súa edición do 2026, que elixirá a imaxe oficial que ilustrará o Festival o vindeiro mes de xullo. O deseño elixido non só formará parte do cartel, senón que estará presente en toda a campaña publicitaria, accións promocionais e merchandising oficial do Festival do 2026.

Nesta ocasión, o Comité Organizador decidiu aumentar significativamente o importe do premio para o cartel gañador ata os 4.000 € e incorporar un segundo e terceiro premio, de 1.000 e 700 euros respectivamente. Refórzase así o seu compromiso co recoñecemento de diferentes talentos, estilos e artistas emerxentes, e búscase fomentar a participación tanto local como internacional neste certame.

O concurso está aberto a persoas físicas e xurídicas, individualmente ou en equipo, de calquera nacionalidade, convidando así a artistas de todo o mundo a presentar propostas que reflictan a identidade, espírito e valores do Festival, sumándose á ampla lista de autores consagrados que xa ilustraron o Festival en anteriores ocasións, como Siro López, González Collado ou Javier Mariscal, entre outros.  O prazo de recepción de obras comeza o 16 de decembro e finaliza o 14 de xaneiro.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, declarado de interese turístico internacional no 2005, sendo o único Festival en España con tal galardón, converteuse por méritos propios nun dos eventos musicais máis multitudinarios de toda España e nunha cita ineludible do verán, así como nun dos referentes mundiais do folk e da música celta. A súa magnitude excede xa o puramente musical, consolidándose como un espazo libre onde conflúen xentes chegadas dos máis diversos puntos da xeografía mundial.

No 2026, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira celebrarase do 9 ao 12 de xullo.

Bases e materiais dispoñibles en festivaldeortigueira.com/concurso-de-carteis/

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…