Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026 

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a raíz do éxito do pasado ano, potenciará a Vila Celta como espazo propio do Festival, outorgándolle maior peso dentro da programación abrindo o Festival o mércores e pechando a súa programación o domingo. 

A programación da Vila Celta concibe como unha oferta musical e cultural complementaria aos concertos no escenario principal, que xa conta coas súas primeiras confirmacións para o verán. Tras a estelar actuación de La Bottine Souriante no 2025, este ano o Festival contará coa presenza do seu vocalista original e alma deste grupo, Yves Lambert, que volverá ao Festival oito anos despois da súa última actuación. Xunto a él regresarán nomes consolidados do panorama folk internacional, como o quinteto irlandés Lúnasa e o quinteto estadounidense de influencia irlandesa Solas, que volve 20 anos despois celebrando o seu 30º aniversario. Completan a programación Valtos, dúo escocés de fusión celta e electrónica con raíces na Illaa de Skye, e Xara, grupo madrileño gañador do Concurso Runas 2025. Unha ampla representación que completarase nos próximos meses con bandas, grupos e formacións en representación das diferentes Nacións Celtas. 

Además da programación musical, ol Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é tamén un espazo de encontro cultural e tradicional onde, un ano más regresan propostas como o Festival na Rúa, que percorrerá os espazos máis emblemáticaos da vila; o Pequefestival, con representacións teatrais e musicales dirixidas aos máis pequenos; o Festival no Teatro, onde o público poderá gozar de sesións máis íntimas e cercanas;  os diferentes obradoiros de baile como o de baile galego ou baile irlandés, e contará tamén este ano co obradoiro de percusión; ou espazos que revitalizan o ambiente como a Feira de Artesanía. 

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, declarado de Interese Turístico Internacional en 2005, é unha das citas culturais máis multitudinarias do verán en España e un referente mundial da música folk e celta. Ano tras ano, o Festival reafirma o seu compromiso coa cultura, a diversidade e a convivencia, consolidándose como un espazo aberto onde conflúen músicas, tradicións e públicos de todo o mundo. 

El Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica las bases que regularán la autorización para la venta ambulante en la feria de Artesanía en el Festival en año 2026

Mai 21, 2026

El Concello de Ortigueira hace públicas las bases para la adjudicación de casetas y espacios públicos a personas físicas y jurídicas interesadas en participar en la próxima edición del Festival Internacional do Mundo Celta. El evento,…

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…