A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro para Anxo Varela co cartel “O son da xente”. As 101 propostas presentados serán expostos ata o sábado 7 de marzo, día no que se desvelarán as obras gañadoras no Teatro da Beneficencia 

O pasado mes de xaneiro, a Unidade Xestora para o Concurso de Carteis deste 2026, seleccionou as obras aceptadas á participación no Concurso de Carteis para o 2026, desestimando aquelas que non cumprían cos requisitos de participación. Unha vez realizada esta revisión, foron admitidas a concurso un total de 101 que foron valoradas polo xurado profesional seleccionado polo Concello de Ortigueira. 

O xurado, reunido a mañá do pasado sábado 7 de febreiro e seleccionado polo Concello de Ortigueira, estivo composto por: 

  • Valentín Calvín, alcalde do Concello de Ortigueira, en represntación do Concello. 
  • Estefanía Pérez, mestra de Educación Primaria e vicepresidenta da Escola de Gaitas de Ortigueira. 
  • Patricia Pérez, licenciada en Historia da Arte e profesora de Debuxo no IES Ortigueira. 
  • Mónica Fustes, veciña de Espasantes e creadora da imaxe do 2025. 
  • Elisardo de la Cruz, responsable do Departamento de Comunicación do Festival. 

Tras unha complicada deliberación, na que o xurado destacou a calidade artística e técnica das  obras presentadas, este seleccionou un total de 10 obras para a votación final. Unha votación na que se tiveron en conta diferentes aspectos: a calidade gráfica e plástica, o impacto, a eficacia publicitaria e de imaxe e a versatilidade e creatividade para a elaboración de materiais promocionais das obras presentadas. 

Unha vez comunicadas as votacións individuais, moi similares entre si, o xurado destacou da obra gañadora a súa capacidade para representar a identidade, a esencia e a tradición do Festival. A obra, titulada “Romaría”, é un traballo colaborativo realizado polos ponteses Juan Prieto e Joseba Silvent, quen manifestaron a súa satisfacción, pero tamén incredulidade, ao considerar inicialmente que podería tratarse dunha broma, tras recibir a chamada de Valentín Calvín, alcalde do Concello, informándoos do veredicto.

O cartel gañador, premiado con 4.000€ darase a coñecer o próximo sábado 7 de marzo no Teatro da Beneficencia, xunto cos carteis que acadaron o segundo e terceiro posto, “Foliada”  de Alexandre Sequeiros e “O son da xente” de Anxo Varela, premiados con 1.000 e 700 euros respectivamente. 

Exposición das obras presentadas 

Co obxectivo de achegar as propostas presentadas a concurso ao público, estas permanecerán expostas na sala de exposicións do Concello de Ortigueira (primeiro andar). A mostra poderá visitarse en horario de 10:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ata o sábado 7 de marzo, día no que se darán a coñecer as obras gañadoras do certame. Nesa mesma xornada, tamén poderán verse antes da presentación oficial os carteis gañadores.

Os traballos non seleccionados poderán ser recollidos presencialmente ou reclamados vía Fax ou correo electrónico ao enderezo carteis@festivaldeortigueira.com seguindo o procedemento recollido nas bases do concurso, a partires do día 9 de marzo, tendo ata o 9 de abril para xestionar a súa recollida.

A organización non quere deixar de agradecer o esforzo de todos os participantes e resaltar novamente a altísima calidade dos traballos recibidos. 

Fotografía: Elisardo de la Cruz, Patricia Pérez, Valentín Calvín, Mónica Fustes, Estefanía Pérez

O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz

Feb 02, 2026

●  O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica…

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…