-
O Festival celebrarase do13 ó 16 de xullo e amplía a súa oferta cultural alén do Escenario Estrella Galicia.
-
Impartiranse obradoiros de danza, instrumentos tradicionáis e fotografía. Os obradoiros abren o prazo de inscrición o luns 26 de xuño.
-
O Teatro da Beneficencia e a Igrexa Parroquial acollerán concertos e presentación litearias.
O Festival de Ortigueira anuncia as actividades culturáis que complementarán os concertos no escenario Estrella Galicia e nas rúas da localidade.
Como en anos anteriores, quen o desexe poderá disfrutar dunha amplia variedade de actividades gratuitas que aportan incrementan as experiencias que se viven neste festival.
Este ano, a organización programou os seguintes obradoiros:
-
Obradoiro de empalletado, afinación e problemas da gaita impartido por Antón e Ramón Corral, mestre e artesanos do obradoiro Antón Corral.
-
Obradoiro de iniciación á zanfona impartido por Óscar Fernández para o cal, o Padroado de Cultura de Narón, aportou 9 instrumentos.
-
Obradoiro de danza escocesa impartido por los miembros de The California and District Pipe Band.
Tódolos obradoiros son gratuitos inda que as prazas ofertadas sonlimitadas. As persoas que queiran tomar parte nalgún deles, poderán inscribirse seguindo as indicacións na páxina web do Festival a partires do luns 26 de xuño. As prazas asignaránse por estricta orde de recepción das solicitudes.
En colaboración coa organización do Festival, a asociación cultural Galioart, organiza a segunda edición do taller de fotografía documental de rúa impartido por Alberte Pereira que, repite despóis do éxito da pasada edición.
A todas estas actividades, únese a oferta cultural no Teatro da Beneficencia e na Igrexa Parroquial. Coma tódalas propostas do Festival, estas actividades tamén son totalmente gratuitas.
Destacan a grande inauguración do Festival o xoves 13 as 20h na Praza do Concello cos concertos de: Os Carecos, Shun Yonebura, Harmonica Creams, Bagad Krevenn Brest Sant Mark, The California and District Pipe Band, Escola de Gaitas de Ortigueira e a Banda de Gaitas de Ladrido.
Actividades no Teatro da Beneficencia:
-
Sábado 15 presentarase o novo libro do Mestre Gaiteiro Antón Corral. Contará coa actuación especial da Escola de Gaitas de Ortigueira.
-
O domingo 16, trala emisión en directo do programa de radio Lumen a Palleira, celebrarase o monográfico “Xapón coa música celta” no que participarán: Harmónica Creams, Shun Yonebura, Yoko Takano y Hatao.
A oferta complétase co concertó de órgano litúrxico e gaitas no que participan Ernesto Campos, Marcos Campos, membros da Escola de Gaitas de Ortigueira e convidados sorpresa. Este concerto terá o venres 14 de xullo na Igrexaa Parroquial de Ortigueira.
Toda a programación e horarios pode consultarse na web do Festival www.festivaldeortigueira.es