O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira abre o prazo para a presentación de propostas para a Feira de Artesanía.

Despois de dúas cancelacións consecutivas por causa da pandemia orixinada pola Covid-19, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira volve coa que será a edición máis longa da súa historia, do 10 ao 17 de xullo.

Desde o comité organizador búscase apoiar aos produtores artesáns locais e de alén das nosas fronteiras que, como en cada Festival, enchen Ortigueira cos seus produtos realizados de maneira tradicional.

A Feira de Artesanía, a cal contará con oito días para a súa celebración, agárdase que sexa un éxito en participación e vendas. Xa están dispoñibles as bases para a adxudicación de casetas e espazos públicos. Tal e como rezan as ditas bases, o prazo para entregar toda a documentación (que soamente será válida por correo certificado ou mediante entrega presencial) remata o mércores 27 de abril.

Consulta as bases en: www.festivaldeortigueira.com/artesania

A organización quere agradecer as numerosísimas mostras de agarimo do público e o apoio recibido durante os últimos dous anos e espera poder ofrecer un festival inesquecible a todxs xs amantes da música celta!

O Festival de Ortigueira poderase seguir en directo

Xul 10, 2024

Os concertos do Escenario Estrella Galicia poderanse seguir a través da plataforma Tolemias, mentres que o Festival na Rúa verase no perfil de Instagram do Festival. Desde a súa creación en 1978, o Festival…

Un Festival máis feminino

Xul 05, 2024

Esta edición do Festival de Ortigueira, que terá lugar entre o xoves 11 e o domingo 14 de xullo, inclúe a tres grupos internacionais formados integramente por mulleres, subliñando a aposta da organización e…

Actividades gratuítas completan a programación do Festival de Ortigueira

Xul 01, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para unha nova edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo. O Festival de Ortigueira prepárase para sorprender…

O Festival de Ortigueira contará coa instalación dun punto violeta e dunha plataforma PMR

Xuñ 28, 2024

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024 celebrarase do xoves 11 ao domingo 14 de xullo. A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, reforzou o seu…

Scottish Fish, Böj e José Manuel Tejedor pechan a programación do Escenario Estrella Galicia

Xuñ 25, 2024

Un total de 21 grupos subirán entre o 11 e 14 de xullo ao Escenario Estrella Galicia do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Scottish Fish chegará o xoves 11 de xullo a…

O Festival de Ortigueira encherá as rúas de música

Xuñ 17, 2024

O Comité Organizador ultima os preparativos para a cita máis importante do ano, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que terá lugar entre o 11 e o 14 de xullo. O Festival…