O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira incorpora a Fred Morrison, Bagad de Vannes Melinerion e Johnstone Pipe Band, pechando así o cartaz de #OMáisLongoDaHistoria, que se celebrará do 10 ao 17 de xullo.

Cunha longa traxectoria ás costas e influencias de grandes artistas e compositores escoceses, Fred Morrison aportará ao #FestivalNaIgrexa o sábado 16 de xullo a súa experiencia e dominio da gaita, facendo resoar as míticas highland pipes e as uillean pipes, nun entorno tan especial como a Igrexa de Santa Marta de Ortigueira.

A bretoa Bagad de Vannes Melinerion, que tamén actuará o sábado 16 de xullo, no seu caso no  escenario principal, despregará o seu repertorio no que mestura pezas tradicionais bretoas e composicións propias, ao ritmo da percusión e ao son das inconfundibles bombardas e cornamusas. 

A banda de gaitas escocesa Johnstone Pipe Band, fundada en 1943, e con experiencia en multitude de concursos a nivel nacional e internacional, chegará ao escenario de Ortigueira o venres 15 de xullo cunha mostra da súa estrutura formada por unha mestura de músicos veteranos e novos, instruídos desde pequenos na propia banda.

Coas últimas incorporacións internacionais o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira pecha a súa programación musical e revela o cartaz completo para #OMáisLongoDaHistoria, ilustrado polo ortegueirés Martín Cal Mouriño.

O esforzo deste ano quixo estar á altura do agarimo, ánimo e apoio recibido por todos os seguidores da música celta, que tanto sentiron estes dous anos de ausencia. Desde o comité organizador conseguíuse conformar un cartaz cun equilibrio entre os talentos emerxentes e consolidados do panorama folk internacional, cun especial e intencionado énfase nas formacións de orixe galega.

Do mesmo modo, a organización agarda que do 10 ao 17 de xullo todos os asistentes volvan a compartir, como se ven facendo desde 1978, oito días de convivencia, música e posta en valor dunha cultura común para a que non hai fronteiras.

Ademais, o concerto de Óscar Fernández e Manu Fraguela pasa ao sábado 16 no Teatro de Beneficencia dentro do ciclo #FestivalNoTeatro.

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…