A iniciativa, destinada a fomentar a promoción de novos valores da música Celta, chega a súa 24.ª edición nun ano no que, por segunda vez consecutiva, o Festival de Ortigueira se celebrará durante oito días, do 9 ao 16 de xullo.

O Concello de Ortigueira enfocará un ano máis nas redes sociais os esforzos para impulsar o contacto cos seguidores do evento a nivel mundial. Poderán tomar parte no concurso as formacións cuxa lista aborde a música tradicional dos países de orixe Celta, en sintonía coa música habitual que se programa no Festival, calquera que sexa o seu país de orixe.

O material para participar poderá enviarse ata as 23:59 h do venres 28 de abril e o proceso de selección constará de dúas fases. Na primeira fase un comité técnico nomeado polo Concello de Ortigueira fará unha selección dun máximo de dez traballos de entre os recibidos que reúnan todos os requisitos. A segunda dará comezo o venres 5 de maio e nela os traballos dos grupos seleccionados poderán ser votados e escoitados na páxina web do Festival. Esta segunda fase finalizará o venres 19 de maio ás 14:00 h, dando lugar á selección de finalistas.

Os finalistas determinaranse por un sistema de cinco votos. Un voto sairá da votación popular na páxina web do Festival, e os outros catro votos procederán dun xurado especializado seleccionado polo Concello. 

Os tres grupos finalistas serán anunciados na páxina web e redes sociais do Festival o mércores 24, xoves 25 e venres 26 de maio. Os finalistas actuarán no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2023, percibindo cada un deles un caché de ata 1.500 euros pola actuación. O gañador será contratado para actuar na edición de 2024 e recibirá un caché de ata 3.000 euros pola actuación. O xurado poderá non propoñer a ningún grupo se estima que este ano non cumpren uns mínimos de calidade artística e musical.

Os finalistas poderán compartir a experiencia de actuar en Ortigueira cos gañadores das edicións de 2020 (os escoceses Holiday Club), 2021 (os galegos Trikitrí) e 2022 (o madrileño JDC) e con grupos do calibre de Algaire, Anxo Lorenzo e Eoghan Neff, David Bellas, Escola de Gaitas de Ortigueira, Felpeyu, Fetén Fetén con P. Pascual, Four Men and a Dog, Le Vent du Nord, Rubén Díaz, Rura, SonDeSeu, Startijenn, Talisk, Trikitrí, Xabier Díaz, Xisco Feijoó, Xurxo Fernandes e moitos máis.

Bases para descargar en galego, castelán e inglés en www.festivaldeortigueira.com/runas/

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ en el 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…

O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz

Feb 02, 2026

●  O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica…

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…