O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia aos 10 grupos semifinalistas do certame, que este ano chega á súa 25ª edición.

O Concurso Runas, que vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias. O certame mantense fiel aos seus principios, aínda que no camiño evolucionou nas súas formas. Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron por el, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

Para a selección dos semifinalistas o Comité Organizador tivo en conta aspectos como a calidade musical, a innovación e a orixinalidade do repertorio presentado en relación coa música que se programa habitualmente no Festival. Tras avaliar as 32 propostas recibidas de grupos provenientes de diversos países de todo o mundo, os 10 grupos que aspiran a chegar á final do Concurso Runas son:

Alana – Galicia

Anam Keltoi – Argentina

Buíoch – Irlanda

Distillery Folk – Valencia

Dlú – Escocia

Esling – Bretaña

Gorrondatxe – País Vasco

Manta D´Ourelos – Portugal

Picarós – Asturias

The Westering Sun – Galicia

Desde o martes 7 de maio dá comezo a segunda fase do concurso, na que cada persoa que o desexe poderá escoitar as propostas de cada grupo e votar diariamente polos seus 3 favoritos en www.festivaldeortigueira.com/runas ata o martes 21 de maio ás 14:00 h. Ao resultado da votación en liña sumaránselle os votos emitidos polo xurado profesional que estará composto por músicos, xornalistas musicais e promotores seleccionados polo Concello de Ortigueira.

Os tres grupos finalistas serán anunciados nas redes sociais e na web do Festival, a razón dun grupo cada día, o mércores 22, xoves 23 e venres 24 de maio. Estes actuarán o xoves 11 de xullo no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo de 2024. Da súa actuación en Ortigueira sairá o gañador que repetirá no cartel de 2025.

O Comité Organizador do Festival de Ortigueira quere expresar o seu agradecemento aos 32 grupos aspirantes pola súa participación no certame e destacar o alto nivel das propostas recibidas.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o festival con maior apoio do Ministerio de Cultura no 2024

Out 18, 2024

O Festival recibiu este 2024 unha cunatía de 35.000€ por parte do ente público  O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), dependente do Ministerio de Cultura, convoca cada ano o seu…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira impúlsase grazas á Deputación de A Coruña

Out 18, 2024

O festival recibiu 65.000€ este 2024 No marco da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia…

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…

Mónica Fustes deseñará o cartel do Festival de Ortigueira 2025

Ago 02, 2024

O Comité Organizador aposta polo talento local para a imaxe dunha edición marcada polo 50 aniversario do nacemento da Escola de Gaitas de Ortigueira. En 2025, a Escola de Gaitas de Ortigueira celebrará o…

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…