O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira abre o prazo para a presentación de propostas para a Feira de Artesanía, que terá lugar do 11 ao 14 de xullo.

Xa están dispoñibles as bases para a adxudicación de casetas e espazos públicos para toda persoa física e/o xurídica que estea interesada na participación na feira que ten lugar durante o Festival de Ortigueira.

Desde o Comité Organizador búscase seguir apoiando aos produtores artesáns que, como en cada Festival, enchen Ortigueira cos seus produtos realizados de maneira artesanal. Considerarase produto artesanal aquel derivado dunha actividade económica que supoña a creación, produción, restauración, ou reparación de bens de valor artístico ou popular.

Tal e como rezan ditas bases, a documentación deberá ser entregada no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, presencialmente oi a través da Sede Electrónica no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Ademais, desde o Comité Organizador quérese lembrar que o prazo de inscrición para o Concurso Runas permanecerá aberto ata as 23:59 h do luns 29 de abril de 2024. O Concurso Runas, que vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias. O certame mantense fiel aos seus principios, aínda que no camiño evolucionou nas súas formas. Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron por el, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

Consulta as bases da Feira de Artesanía en www.festivaldeortigueira.com/artesania 

Consulta as bases do Concurso Runas en www.festivaldeortigueira.com/runas

O Festival de Ortigueira abre a convocatoria do Concurso Runas 2024

Abr 05, 2024

O certame, destinado a fomentar a promoción de novos valores da música Celta, chega a súa 25.ª edición nun Festival de Ortigueira que retoma o formato de catro días do 11 ao 14 de…

Presentado o Festival de Ortigueira 2024

Mar 15, 2024

O Concello de Ortigueira presentou hoxe venres o cartel e un avance da programación da cita de 2024, que celebrarase do 11 ao 14 de xullo. O acto tivo lugar ás 20:00 h no…

Un concurso decidirá o cartel do Festival de Ortigueira 2024

Feb 07, 2024

Será dotado con 2.000 € e aberto a artistas de todo o mundo. O prazo para presentar candidaturas termina o luns 26 de febreiro de 2024. O cartel do Festival Internacional do Mundo Celta…

Os concellos de Ortigueira e Cortegana asinan un acordo para o fomento dos seus festivais

Xan 25, 2024

Ambos consistorios buscan seguir fomentando un dos seus principais atractivos turísticos comúns, a música celta a través do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e o Festival Internacional Sierra Celta de Cortegana. Este…

Primeiros grupos confirmados para o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2024

Xan 24, 2024

O alcalde e responsable do Festival, Valentín Calvín, anuncia en FITUR os catro primeiros grupos que pasarán por Ortigueira do 11 ao 14 de xullo. Como vén sendo habitual, o festival de música Celta…

O Festival de Ortigueira 2024 celebrarase do 11 ao 14 de xullo

Set 08, 2023

O novo executivo local vén de conformar o Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que, na súa primeira reunión, acorda as datas e a duración da próxima edición. Este novo…