O certame, destinado a fomentar a promoción de novos valores da música Celta, chega a súa 25.ª edición nun Festival de Ortigueira que retoma o formato de catro días do 11 ao 14 de xullo.

Ábrese o prazo de inscrición para o Concurso Runas 2024 do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Esta iniciativa está enfocada a bandas musicais de entre dous e dez integrantes, cuxo repertorio estea relacionado coa música tradicional dos países de orixe Celta.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata as 23:59 h do luns 29 de abril de 2024 e o proceso de selección constará de dúas fases. Na primeira, un comité técnico nomeado polo Concello de Ortigueira fará unha selección dun máximo de dez formacións. 

A partir do martes 7 de maio, terá lugar a segunda, na que o público poderá escoitar e votar aos grupos seleccionados na web do Festival ata o martes 21 de maio ás 14:00 h.

Os grupos finalistas determinaranse por un sistema de cinco votos. Un voto sairá do sistema de votacións da web do Festival, os catro votos restantes procederán dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e promotores seleccionados polo Concello de Ortigueira. 

Do resultado da segunda fase sairán elixidos os tres finalistas do Concurso Runas 2024, que  serán anunciados o mércores 22, xoves 23 e venres 24 de maio nas redes sociais e na páxina web do Festival. Estes actuarán o xoves 11 de xullo no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e recibirán un caché de 1.500 €. O gañador actuará na edición de 2025 cun caché de 3.000 €.

Os finalistas compartirán escenario con grandes artistas como Ailá, Aroze, BackWest, Bagad Brieg, Capercaillie, Cúig, Dervish, Escola de Gaitas de Ortigueira, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kinnaris Quintet, NoGood Boyo, Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band ou Muro Kvartet, gañador do Concurso Runas 2023.

O Concurso Runas, que vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias. O certame mantense fiel aos seus principios, aínda que no camiño evolucionou nas súas formas. Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron por el, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

Bases dispoñibles en www.festivaldeortigueira.com/runas/

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…