O Concello de Ortigueira presentou hoxe venres o cartel e un avance da programación da cita de 2024, que celebrarase do 11 ao 14 de xullo.

O acto tivo lugar ás 20:00 h no Teatro de Beneficencia de Ortigueira. Nel presentouse o cartel oficial do Festival e proxectouse un vídeo co avance da programación de 2024. No acto interviron Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira e responsable do Festival; Alberto Balboa, director do Festival; Bruno Lozano, presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira e Jorge Fernández Arteaga, gañador do Concurso de Carteis.

Nesta edición o cartel foi seleccionado a través dun Concurso de Carteis no que se recibiron 115 propostas chegadas desde todas partes de Galicia, España e, incluso, outros países. O xurado, que quere agradecer e destacar o alto nivel das propostas recibidas, estivo formado por:

Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira e responsable do Festival

Alberto Gómez, músico e directivo da Escola de Gaitas de Ortigueira

Pablo Rodríguez, licenciado en belas artes e director creativo de Reizentolo

Bea Luengo, deseñadora gráfica-editorial, profesora e autora do cartel de 2023

Elisardo de la Cruz, responsable do departamento de comunicación do Festival

Ademais, o xurado contou co asesoramento de:

Bruno Lozano, músico e presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira

Montse Gutiérrez, licenciada en belas artes e profesora de debuxo e artes plásticas

Na presentación, o edil anunciou que Jorge Fernández Arteaga é o gañador do concurso grazas a súa obra “El embrujo del dragón”. O novo deseñador e tatuador leonés, que será galardoado cun premio de 2.000 €, presentou unha peza que representa a esencia do Festival de Ortigueira a través dunha gaiteira, pandeireta, o Muíño do Campo da Torre e o emblemático dragón do Festival.

Jorge Fernández Arteaga declarou que “supón un orgullo persoal moi grande, como fiel asistente a este Festival desde que pisei Ortigueira fai 10 anos por primeira vez, o que sen dúbida foi a miña principal fonte de inspiración para presentarme ao concurso”. Ao referirse ao cartel comentou que “Nel quixen representar de forma conceptual pero sen escatimar en detalles, os elementos que considero imprescindibles á hora de representar este Festival”

Acto seguido, o presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira, Bruno Lozano, centrouse nos obradoiros de baile e no Festival na Rúa “Na pasada edición fixemos un total de 192 horas de Festival con case 400 músicos e 300 alumnos de talleres. O éxito do Festival vén dado tanto pola calidade musical como pola hospitalidade do pobo de Ortigueira, cousa que agradecemos desde a Escola, e que fai que a xente que non é nativa de aquí veña e sinta Ortigueira como propia”. Lozano engadiu “queremos adiantar que este ano teremos dúas bandas asturianas e outra chegada desde Barcelona”.

O director do Festival, Alberto Balboa, destacou os aspectos artísticos e musicais, enfeitizando na filosofía do evento: gratuíto e accesible para todos os públicos. Posteriormente, presentou a algúns dos artistas que pasarán por Ortigueira este verán: Ailá, Aroze, BackWest, Bagad Brieg, Capercaillie, Cúig, Dervish, Escola de Gaitas de Ortigueira, Fillas de Cassandra, Green Lads, Kinnaris Quintet, Muro Kvartet, Nogood Boyo y Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, entre outros.

Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira e responsable do Festival, pechou o acto facendo referencia a que “comeza a conta atrás para un Festival cheo de música, cultura, actividades e cun cartel espectacular, que volverá distinguir a Ortigueira como capital mundial do folk”.

O edil quixo “agradecer a todos os involucrados en facer posible este evento único. Desde os patrocinadores públicos e privados, ata os artistas e voluntarios, protección civil, corpos e forzas de seguridade do estado, técnicos e traballadores do Concello de Ortigueira, encabezados polo director do Festival, Alberto Balboa. Tampouco me cansarei nunca de agradecer á Escola de Gaitas de Ortigueira o seu labor ano a ano, e quizá máis especialmente nesta edición, pois formaron parte no seu desenvolvemento a través do comité Organizador do Festival. E por suposto a todo o pobo de Ortigueira polo seu esforzo en que cada edición do Festival sexa a mellor da historia”.

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…

Finaliza con éxito unha nova edición do Festival de Ortigueira con máis de 100.000 persoas

Xul 15, 2024

O festival celebrou catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, a pesar da choiva nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seiu último…

Resumo da terceira xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 14, 2024

O festival  chegou este sábado á súa terceira xornada, inaugurada pola mañá coa recepción oficial de bandas que participarán mañá domingo no “Desfile das Nacións Celtas” A xornada inaugurouse ás 12 en punto da…

Así discorreu a segunda xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 13, 2024

O festival chegou esta noite de venres ao seu ecuador tras unha xornada diurna e unha noite enteira de concertos que congregaron a miles de persoas nas rúas e a Alameda de Ortigueira. A…

Inaugurado o Festival de Ortigueira 2024

Xul 11, 2024

O acto tivo lugar na praza Isabel II, no que participaron autoridades, bandas e tivo lugar o izado de bandeiras das nacións celtas. Ás oito en punto da tarde, o presentador do acto, Xalo,…