Estes tres grupos noveis, formados en 2023, 2020 e 2021 respectivamente, terán a oportunidade de subirse ao escenario do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira grazas ao Concurso Runas nunha edición na que o voto popular foi decisivo.

O Concurso Runas, que se vén celebrando desde o ano 2000, ten como obxectivo a difusión da cultura e música Celta a través da promoción de grupos noveis, primando sempre as composicións propias. 

Os finalistas determináronse por un sistema de cinco votos. O primeiro, derivado da votación popular na páxina web do Festival, onde se recibiron máis de 22.700 votacións. As outras catro puntuacións proceden dun xurado composto por músicos, xornalistas musicais e promotores seleccionados polo Concello de Ortigueira, que analizaron para o seu veredicto a relación de cada proposta en sintonía coa filosofía e tradición musical propia do Festival. O xurado do Concurso Runas 2024 formárono:

Alberto Balboa, director do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Rodrigo López, músico e director da Escola de Gaitas de Ortigueira.

Pedro Fariñas, músico, docente e titulado superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Rita Tojeiro, xornalista e responsable da sección de Cultura do Diario de Ferrol.

Tras o veredicto do xurado e do público, Alana (Galicia), Buíoch (Irlanda) e Picarós (Asturias) son os tres grupos finalistas do Concurso Runas 2024. Estes actuarán o xoves 11 de xullo no Festival de Ortigueira 2024. Da súa actuación sairá o gañador que actuará de novo no ano 2025. 

O trío galego Alana, gañador da votación en liña, chegará a Ortigueira cun repertorio que mestura a música tradicional galega con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. 

Buíoch é un grupo de música tradicional irlandesa que compón arranxos e as súas propias melodías, resultando nun son tradicional pero progresivo que é único e enérxico.

Picarós, terceiro clasificado na votación en liña, presentará unha vibrante proposta musical que chega desde o panorama folk asturiano cunha fusión da esencia da música tradicional con elementos contemporáneos.

O Comité Organizador do Festival non quere deixar de agradecer a todos os aspirantes a súa participación, así como destacar o alto nivel das súas propostas. Xa son máis de 250 bandas nacionais e internacionais as que pasaron polo Concurso Runas, o que indica a importancia desta plataforma de promoción de grupos noveis dentro da música celta e folk.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…