O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira abre o prazo de presentación de propostas para a concesión de servizos de hostalaría, restauración, food trucks ou similares durante o Festival, que se celebrará do 11 ao 14 de xullo.

Desde o Comité Organizador búscase garantir unha oferta variada e de calidade para todos os asistentes, promovendo tanto a gastronomía local como as novas tendencias culinarias a un evento que atrae a miles de visitantes cada ano.

Autorizacións administrativas para a venda ambulante en gastro buses, food trucks ou similares para a edición de 2024: todos os interesados deberán presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello de Ortigueira, presencialmente ou a través da sede electrónica. O prazo finalizará o luns 10 de xuño

Bases dispoñibles en www.festivaldeortigueira.com/restauracion   

Servizos de hostalaría e restauración mediante contrato de concesión de servizos (Alameda, Morouzos e porto) para as edicións de 2024 e 2025: as propostas deberán presentarse na Plataforma de Contratación do Sector Público antes do mércores 5 de xuño

Más información na seguinte ligazón: https://bit.ly/3VdmKiO

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…

O Laboratorio de Cántigas Novas consolídase en Ortigueira como referente da creación contemporánea de raíz con Mondra, Dores Tembrás e outros, baixo a dirección de Ugia Pedreira e Óscar Górriz

Feb 02, 2026

●  O proxecto, unha iniciativa do Concello de Ortigueira a través da área formativa do Festival, codirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, regresa en 2026 para converter Ortigueira en epicentro da produción lírica…

Máis de 100 propostas presentadas para a selección do cartel do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 23, 2026

Publicada a lista de obras admitidas e excluídas Reunida a Unidade Xestora do Concurso de Carteis para esta edición 2026 do Festival de Ortigueira, e unha vez analizado o cumprimento dos requisitos das obras…

Presentado en FITUR o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2026

Xan 21, 2026

Artistas da talla de Yves Lambert, Lúnasa, Solas e Valtos actuarán en Ortigueira entre o mércores 8 e o domingo 12 de xullo do 2026  O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira convoca o concurso de deseño do cartel do 2026 con máis de 5.000€ en premios

Dec 11, 2025

As bases xa están dispoñibles na web do Festival e as obras poderán presentarse ata o 14 de xaneiro O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia a apertura do concurso de carteis…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…