Un total de 21 grupos subirán entre o 11 e 14 de xullo ao Escenario Estrella Galicia do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Scottish Fish chegará o xoves 11 de xullo a Ortigueira desde Boston. O quinteto é coñecido polo seu entusiasmo xuvenil, arranxos orixinais e actuacións cheas de enerxía, nas que ofrecen unha renovada visión da música tradicional e contemporánea escocesa e bretoa.

Böj destaca pola súa variedade de formacións e repertorios centrados na música tradicional dos pobos do eixo atlántico. O grupo, gañador do Concurso Runas 2016, volverá subir ao Escenario Estrella Galicia o vindeiro domingo 14 de xullo.

O gañador do Premio Nacional de Música, José Manuel Tejedor, é un dos gaiteiros con máis éxito de Asturias. Traspasou fronteiras e estilos cos seus traballos, colaboracións e composicións. O vindeiro domingo 14 de xullo, o público da Alameda poderá gozar da súa música.

A Asociación Cultural Donaire, ademais de estar presente no Festival na Rúa, abrirá os concertos do domingo 14 no Escenario Estrella Galicia. O grupo está formado por mozos e mozas que mostran a beleza, riqueza e variedade da música e a danza popular galega, conservando e difundindo o legado cultural dos seus maiores.

Con estas últimas incorporacións, a programación musical do escenario principal queda repartida da seguinte maneira:

Xoves 11: Bagad Brieg, Picarós, Alana, Buíoch, Scottish Fish e Cúig.

Venres 12: Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, Escola de Gaitas de Ortigueira, Kinnaris Quintet, Fillas de Cassandra, BackWest e Green Lads.

Sábado 13: Ailá, Capercaillie, Dervish, NoGood Boyo e Aroze.

Domingo 14: Asociación Cultural Donaire, Muro Kvartet, José Manuel Tejedor e Böj.

Nas próximas semanas daranse a coñecer os horarios e percorridos do Festival na Rúa, así como toda a información do resto das actividades que rodean ao Festival, exposicións, charlas, obradoiros de baile e concertos dentro do ciclo Festival no Teatro.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira do 2026 terá lugar entre o 9 e o 12 de xullo

Xul 25, 2025

Tras a excepcional ampliación para celebrar o 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira deste 2025, o Festival retoma o seu formato habitual de catro días, celebrándose do xoves 9 ao domingo 12…

Ortigueira pecha con éxito unha edición histórica

Xul 14, 2025

Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización…

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…