O festival chegou esta noite de venres ao seu ecuador tras unha xornada diurna e unha noite enteira de concertos que congregaron a miles de persoas nas rúas e a Alameda de Ortigueira.

A pesar de sufrir dúas cancelacións de última hora na programación musical por importantes e reiterados retrasos nos voos de onte e hoxe que afectaron a banda escocesa Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band, así como da enfermidade da vocalista dos tamén escoceses Kinnaris Quintet, Ortigueira demostrou o seu poderío e tradición cunha xornada na que o público gozou desde a mañá á noite de pasacalles, obradoiros, festival na rúa e no escenario Estrella Galicia.

Na programación de obradoiros tivo lugar pola mañá de 12 a 14 h. o obradoiro de baile galego, iImpartido pola Asociación Cultural Donaire no IES de Ortigueira, e xa pola tarde de 16 a 18 h. o obradoiro de baile bretón, impartido pola Bagad Brieg no IES de Ortigueira.

No festival na rúa, a programación de todo a xornada foi:

12:00 h. Banda de Gaites Candás

12:30 h. Peoples Ford Boghall & Bathgate Caledonia Pipe Band

13:00 h. Banda de Gaitas de Vega de Espinareda

13:30 h. Axeigo

16:00 h. Banda Gaites Villaviciosa El Gaitero

17:00 h. Asociación Cultural Galega Rosalía De Castro

18:00 h. Asociación Cultural Donaire

19:00 h. Axeigo

20:00 h. Bagad Brieg

No festival no teatro, tivo lugar ás 19 h. o concerto dos galegos, Pärbo, o dúo composto por Begoña Riobó e Anxo Pintos, utilizando instrumentos como o violín, a arpa céltica ou a a zanfona.

Xa entrada a noite, no Escenario Estrella Galicia, tiveron lugar os concertos da Escola de Gaitas de Ortigueira (22:30 h), a piques de cumprir 50 anos, a banda de gaitas decana de Galicia, creada en 1975, é a precursora do posterior movemento gaiteril, puxo a emoción co seu medio cento de músicos, entre gaiteiros, percusionistas e cadro de baile, para presentar un repertorio puramente tradicional de música e baile galego. 

Cun público emocionado e entregado chegou a quenda de Fillas de Cassandra (00:15 h), onde desde pasada xa a madrugada, María e Sara fixeron vibrar a todos os presentes en Ortigueira coa súa aposta pola recuperación das melodías tradicionais a través de ritmos influenciados polo pop, a electrónica e a música clásica. Desde unha ollada feminista e actual, as súas composicións transitan da emotividade ao desenfado. A promesa, xa toda unha realidade da música galega non defraudou coa súa gran calidade artística e a súa poderosa presenza no escenario de Ortigueira.

A continuación, co listón posto polas galegas no máis alto, os bretóns Green Lads (01:45 h) un grupo fundado por dous “fellas” que tocaban o violín en sesións irlandesas en Rennes, cos seus característicos traxes verdes, e que mesturaron composicións electrónicas con melodías tradicionais, creando unha fusión de positividade e enerxía. Entre códigos da música celta irlandesa e a modernidade dos ritmos electrónicos, os bretóns fixeron bailar a toda a Alameda de Ortigueira coa súa vibrante posta en escena chea de luz e son.

Pecharon a xornada BackWest (03:00 h), un conxunto de experimentados músicos do oeste de Irlanda, cun estilo innovador e emocionante. Profundamente arraigados na tradición, ofreceron en Ortigueira un espectáculo que combinou tradición e modernidade cunha vibrante enerxía.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o festival con maior apoio do Ministerio de Cultura no 2024

Out 18, 2024

O Festival recibiu este 2024 unha cunatía de 35.000€ por parte do ente público  O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), dependente do Ministerio de Cultura, convoca cada ano o seu…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira impúlsase grazas á Deputación de A Coruña

Out 18, 2024

O festival recibiu 65.000€ este 2024 No marco da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia…

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…

Mónica Fustes deseñará o cartel do Festival de Ortigueira 2025

Ago 02, 2024

O Comité Organizador aposta polo talento local para a imaxe dunha edición marcada polo 50 aniversario do nacemento da Escola de Gaitas de Ortigueira. En 2025, a Escola de Gaitas de Ortigueira celebrará o…

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…