O Concello de Ortigueira presentou hoxe, sábado 18 de xaneiro, o cartel e un pequeno avance da programación da cita do 2025, que se celebrará do día 9 ao 13 de xullo nunha edición marcada polo 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira. 

O acto de presentación tivo lugar, como é habitual, no Teatro de Beneficencia de Ortigueira. Nel presentouse o cartel oficial e proxectouse un vídeo cun avance da programación do 2025, ademais de presentar algunhas das moitas novidades que acompañarán a esta edición. No acto interviñeron Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira; Alberto Balboa, director do Festival; Bruno Lozano, presidente da Escola de Gaitas; Mónica Fustes, autora do cartel e Óscar Gorriz e Ugía Pedreira, directores do LAB (Laboratorio de Cántigas Novas) que se iniciará en Ortigueira en próximas datas. 

Nesta edición, o cartel foi un encargo á veciña e ilustradora de Espasante, Mónica Fustes, que creou unha peza única único co que homenaxea desde o cariño e a experiencia persoal ao Festival e á Escola de Gaitas, que este ano celebra o seu 50 aniversario no marco do Festival. Na presentación, Mónica agradeceu ao Comité Organizador a súa selección e a todas as persoas que a apoiaron durante o proceso creativo. A deseñadora incluíu á comunidade no cartel a través dunha enquisa realizada en Instagram na que preguntou polo significado do Festival, cuxo resultado foi a incorporación de palabras representativas das Nacións Celtas: orgullo, respecto, amizade, raíces, liberdade e música. Estas palabras represéntanse no cartel desta edición nas diversas linguas das Nacións Celtas, acompañadas de ilustracións cargadas de simbolismo. 

Despois foi a quenda de Bruno Lozano, presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira, quen centrou o seu discurso no agradecemento ao Concello e a Mónica por incluír o medio século de vida da Escola na programación do Festival e cartel. A edición contará cun día máis para dar cabida a actividades especiais en homenaxe á Escola. Ademais, Bruno avanzou tamén algunhas das bandas de gaitas participantes nesta edición: Banda de Gaitas Xarabal, Banda de Gaitas Lembranzas Solpor de Galicia, Banda de Gaitas Villa Mieres e Grupo Folcroricu Prau Llerón desde Asturias e Kevrenn Breiz Sant Mark desde Bretaña. 

Ugía Pedreira e Óscar Górriz presentaron o Laboratorio de Cántigas Novas. Unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Ortigueira a través da Área Formativa do Festival e que estará coordinado pola Escola de Gaitas de Ortigueira. Este proxecto porá o foco na creación autoral, individual e colectiva, a partir da tradición oral galega e coa vista posta na contemporaneidade. Está aberto a toda persoa maior de idade interesada na composición lírica e o uso artístico da lingua galega. As prazas serán limitadas a 25 participantes. Terá lugar durante 12 sesións de traballo en sábados alternos desde marzo ata xullo. O seu coste será de 200 € e contará con clases maxistrais de varios artistas e expertos na música galega e internacional. As pre-inscricións poderán realizarse enviando nome completo e número de teléfono ao mail lab@festivaldeortigueira.com desde hoxe e ata o 24 de febreiro ás 23:59h. 

Alberto Balboa, o director do Festival, destacou os aspectos artísticos e musicales, presentando “una programación que combina músicos legendarios con nuevas colaboraciones musicales, músicos noveles con bandas ya asentadas y que quizás aborden a su despedida”. Desveló un avance dos artistas que pasarán polo escenario de Ortigueira este verán. Estarán entre outros, Alana, Buíoch, Gwendal, Milladoiro, La Bottine Souriante, Dallahan, Flook (no seu 30 aniversario), Tiruleque, Tejedor,  Boj e como non a Escola de Gaitas de Ortigueira. Alana e Buíoch repetirán experiencia no Festival tras gañar o Concurso de Runas no 2024, e compartirán escenario con grupos que xa formaron parte da historia do Folk mundial como os galegos Milladoiro, Gwendal (tras o seu 50 aniversario) ou La Bottine Souriante, que volve ao Festival tras 16 anos para presentar o seu novo disco. 

Valentín Calvín, alcalde de Ortigueira, pechou o acto remarcando que unha vez máis o Festival estará “cargado de música, cultura, actividades e cun cartel dos máis sentidos e emotivos que tivo o Festival en toda a súa historia, e que volverá a distinguir a Ortigueira como capital mundial do Folk”.

Tamén quixo agradecer a labor de todos os “involucrados que fan posible este evento único”. Desde os patrocinadores públicos e privados, ata os artistas e voluntarios, protección civil, corpos e forzas de seguridade do Estado, técnicos e traballadores do Concello de Ortigueira, encabezados desde o Comité polo director do Festival, Alberto Balboa. “Tampouco me cansarei nunca de agradecer á Escola de Gaitas de Ortigueira a labor ano tras ano, e neste ano tan especial para a súa historia, que é a historia do Festival. E por suposto, a todo o pobo de Ortigueira polo seu esforzo en que cada edición do Festival sexa mellor ca anterior”. 

O acto concluíu cunha velada musical da man dun cuarteto formado por integrantes da Escola de Gaitas. 

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o festival con maior apoio do Ministerio de Cultura no 2024

Out 18, 2024

O Festival recibiu este 2024 unha cunatía de 35.000€ por parte do ente público  O Instituto Nacional das Artes Escénicas e da Música (INAEM), dependente do Ministerio de Cultura, convoca cada ano o seu…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira impúlsase grazas á Deputación de A Coruña

Out 18, 2024

O festival recibiu 65.000€ este 2024 No marco da convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia…

O Festival de Ortigueira amplía unha xornada máis a súa próxima edición para homenaxear á Escola de Gaitas no seu 50 aniversario

Set 27, 2024

A organización aposta por ampliar as datas de catro a cinco días de duración, do 9 ao 13 de xullo O 2025 será un ano para o recordo para a Escola de Gaitas de…

Mónica Fustes deseñará o cartel do Festival de Ortigueira 2025

Ago 02, 2024

O Comité Organizador aposta polo talento local para a imaxe dunha edición marcada polo 50 aniversario do nacemento da Escola de Gaitas de Ortigueira. En 2025, a Escola de Gaitas de Ortigueira celebrará o…

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…