Durante cinco días de festa, tradición e música ao máis alto nivel, a vila da Ortigueira converteuse de novo no epicentro da cultura celta, acollendo a máis de 110.000 persoas, segundo estimacións da organización

Visitantes chegados de toda Galicia, do resto do Estado e do estranxeiro ateigaron a vila e os distintos espazos do festival, consolidando unha vez máis este encontro como unha das grandes citas culturais do verán europeo. Polo festival pasaron grupos míticos como Gwendal, Milladoiro, Flook ou a Kevrenn Brest Sant Mark. 

A edición 2025 do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, especial e histórica pola celebración do 50 aniversario da súua fundadora, a Escola de Gaitas de Ortigueira, finaliza cun balance inmensamente positivo por parte da organización, tras cinco días de concertos, desfiles, obradoiros e actividades culturais, que encheron a vila de vida, música, tradición e intercambio cultural. 

Tamén foron moitos os asistentes que utilizaron o servizo especial de autobuses posto en marcha polo Concello de Ortigueira para facilitar os desprazamentos, rexistrándose 32.000 billetes de bus vendidos no trayecto entre o centro da vila e a zona de descanso próxima á praia. 

Éxito de participación e asistencia 

Unha vez máis, Ortigueira confirmou o seu papel como capital mundial da cultura celta, ofrecendo unha experiencia única que combina música, paisaxe, identidade e convivencia. Os obradoiros esgotaron as súas prazas, resultando novamente un éxito de participación. Os aparcadoiros estiveron completos, tendo que habilitar o polígono A Rega, especialmente durante as xornadas centrais do venres e sábado, cando a vila recibiu unha auténtica marea de visitantes e afeccionados á música celta chegados desde múltiples puntos da península.

Novidades implementadas en 2025 con ánimo de continuar e crecer 

Ademais das actuacións musicais e dos desfiles, esta edición tamén estivo marcada por importantes novidades que foron un éxito de acollida. A nova Vila Celta, espazo temático con artesanía, gastronomía e demostracións culturais, converteuse nun punto neurálxico do festival. Tamén houbo actividades para os máis pequenos, desenvoltas tanto ao aire libre como no novo espazo incorporado á programación na Biblioteca Municipal. 

Tamén cómpre salientar o excelente ambiente vivido na zona de descanso da praia de Morouzos, onde, como cada ano, milleiros de mozos e mozas gozaron do festival nun clima festivo, cívico e sen incidencias salientables, consolidando este espazo como un exemplo de convivencia responsable da música e da cultura celta.

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que se celebra desde hai máis de 40 anos, é unha das citas máis importantes do calendario musical de Galicia e un referente a nivel mundial na promoción da música celta. Durante todo o evento, os asistentes teñen a oportunidade de vivir a diversidade e riqueza das tradicións celtas a través de concertos, actividades e encontros culturais.

O Concello de Ortigueira destacou o carácter interxeracional e integrador desta edición, cun festival que continúa medrando sen perder as súas raíces, declarado Festa de Interese Turístico Internacional, e desexa agradecer a participación dos veciños e veciñas unha edición máis, así como o intenso traballo e implicación de todos os colectivos que fan posible cada ano o éxito do evento: persoal sanitario, garda civil, policía local, bombeiros forestais, persoal de limpeza, Seprona, GES, voluntariado de protección civil, e, por suposto, a todos os traballadores do concello.

Os 50 sentáronlle moi ben á Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 14, 2025

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira culminou hoxe domingo unha edición histórica, marcada pola celebración do 50 aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, protagonista absoluta dun evento que ela mesma axudou…

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira

Xul 13, 2025

Milladoiro e Flook triunfan na xornada máis multitudinaria do Festival de Ortigueira A pasada noite do sábado, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira viviu unha das súas noites máis inesquecibles cando os…

Xara, banda madrileña con influencias da música tradicional asturiana, alzase co primeiro posto no Concurso Runas 2025 e faise cun pase directo ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira de 2026

Xul 13, 2025

O grupo percibirá 3.000 € e actuará en 2026. Xara fora seleccionada como a banda favorita na votación popular realizada o pasado mes de maio a través da web, encabezando a votación online con…

A Escola de Gaitas de Ortigueira fai historia

Xul 11, 2025

A Escola de Gaitas de Ortigueira puxo o maior punto de emoción na edición do seu 50.º aniversario. No concerto participaron 150 músicos dirixidos polos 4 directores das súas cinco décadas de vida. A…

Inaugurado o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira no aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira

Xul 09, 2025

No acto inaugural do Festival, que se completou coa firma do presidente da Xunta de Galicia no libro de honra do evento, homenaxeouse á Escola de Gaitas de Ortigueira polo seu 50º. aniversario e…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira amplía o seu dispositivo de seguridad e control medioambiental na área de descanso

Xul 03, 2025

O incumprimento da normativa vixente pode carrear multas de entre 500 € e 3.000 € Con motivo da celebración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que terá lugar do 9 ao 13…