A final do Runas 2015 permitirá aos festivaleiros que asistan na Alameda aos concertos gratuítos do xoves 16 de xullo, descubrir as mil e unhas posibilidades da fusión, porque se algo comparten os grupos clasificados, aínda que cada un na súa medida, é o seu gusto pola música sen fronteiras nin etiquetas. O tradicional fóndese co pop, coa electrónica, coa música oriental…

O acordeonista galego Andrés Penabad conseguiu o maior número de apoios do xurado. En segunda posición produciuse un triplo empate entre os irlandeses Perfect friction e Gabriel G Diges band e o proxecto madrileño JDC & band. O último clasificado é Alén de Ancos (Galicia), que busca unha nova oportunidade no Runas, tras chegar á final en 2012. Todos eles contan xa cunha notable rodaxe ás súas costas.

A elección, segundo estaba previsto, foi responsabilidade compartida entre os internautas e un xurado especializado, integrado polo xornalista Óscar Losada, director e presentador de “Raizame” e integrante do prestixioso “World Music Charts Europe”; Emilio Españadero, director e presentador de “Lume na palleira” na Radio Galega; Aurelio Argel crítico musical e cultural de Radio Asturias- Cadena Ser; e Alberto Balboa, coordinador do Festival. A comunidade de visitantes da web oficial, que rexistrou preto de 30.000 votos, foi o quinto membro deste singular tribunal.

As cinco bandas emerxentes abrirán o 31 Festival internacional do Mundo Celta, que se celebra do 16 ao 19 de xullo, asegurándose a banda que ofreza o mellor directo un oco na edición do próximo ano e 3.000 euros.

Comunicado oficial: Facebook

Xul 23, 2024

A nosa páxina de Facebook atópase actualmente suspendida por motivos completamente alleos ao Festival de Ortigueira. Estamos a traballar para resolver esta situación e recuperala canto antes. Pedimos desculpas por calquera inconveniente que isto…

Alana e Buíoch gañan ex aequo o Concurso Runas 2024

Xul 17, 2024

O trío galego e o cuarteto irlandés actuarán no Festival de Ortigueira 2025 como gañadores da 25.ª edición do certame. Nunha edición memorable do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, o xurado do…

Finaliza con éxito unha nova edición do Festival de Ortigueira con máis de 100.000 persoas

Xul 15, 2024

O festival celebrou catro días de concertos, desfiles e obradoiros repletos de público, a pesar da choiva nalgúns momentos da noite durante a primeira e última xornada, que tivo que suspender o seiu último…

Resumo da terceira xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 14, 2024

O festival  chegou este sábado á súa terceira xornada, inaugurada pola mañá coa recepción oficial de bandas que participarán mañá domingo no “Desfile das Nacións Celtas” A xornada inaugurouse ás 12 en punto da…

Así discorreu a segunda xornada do Festival de Ortigueira 2024

Xul 13, 2024

O festival chegou esta noite de venres ao seu ecuador tras unha xornada diurna e unha noite enteira de concertos que congregaron a miles de persoas nas rúas e a Alameda de Ortigueira. A…

Inaugurado o Festival de Ortigueira 2024

Xul 11, 2024

O acto tivo lugar na praza Isabel II, no que participaron autoridades, bandas e tivo lugar o izado de bandeiras das nacións celtas. Ás oito en punto da tarde, o presentador do acto, Xalo,…