Header Image

Skerryvore

Gaitas, violín e acordeóns, fusionados con ritmos funky e cancións apaixoadas, complementadas coa voz en alza do cantante principal, Alec  Dalglish, conforman os ingredientes principais da fórmula de Skerryvore. A banda escocesa debuta en Ortigueira, o único dos grandes festivais celtas europeos que tiñan pendente, co seu potente directo e a súa premiada mestura de “Folk n’ Roll” para o século 21.

O sexteto, un dos máIs demandados polos festivaleiros a través da web,  nace en 2004, na illa de Tiree, nas Hébridas escocesas, ten madurado un estilo propio, marcado pola combinación de música tradicional, sons urbanos do rock e non poucos elementos pop.

No seu  primeiro concerto en Galicia, Skerryvore despregarán toda a súa energía e o seu oficio sobre os escenarios para levantar ao personal cos  temas do álbum homónimo, o terceiro da súa brillante carreira, tras “On the road” e “West coast life”. Unha aposta segura para empezar a edición 2011 por todo o alto.

Anos participación
Festival:
  • 2011
  • 2017