Desde Madrid, Xara chega por primeira vez a Ortigueira cunha proposta baseada nas músicas de raíz do arco atlántico. A formación, nacida das irish sessions madrileñas, está integrada por catro músicos con traxectorias diversas, unidos pola paixón común polas tradicións galega, irlandesa, escocesa e ibérica.
Ao violín, Irene Vioque, finalista en varias edicións do Fleadh de Mullingar e do Fiddle of London. Guillermo Zumajo, flautista e whistler, combina formación clásica no Real Conservatorio de Madrid co seu traballo en proxectos como Irish Treble. Víctor Álvarez, con raíces na gaita asturiana e galega, especializouse tamén na música tradicional irlandesa. Completa o grupo Alejandro Delgado, guitarrista e bouzoukista cunha sonoridade que funde jazz, tradición e ciencia, grazas á súa formación musical e doutoramento en intelixencia artificial aplicada á música.
Finalistas no Fiddle of London e escollidos para o ciclo Microconciertos 2025 de La Caixa, Xara representa unha nova xeración do folk atlántico, cun son cheo de forza, sensibilidade e raíces compartidas.
Anos participación
Festival:
- 2025
Runas:
- 2025