Xara é un grupo de folk madrileño de recente formación composto por catro músicos unidos pola súa paixón polas músicas de raíz do arco atlántico. Aínda que os seus integrantes proveñen de ámbitos musicais moi diferentes, coinciden por primeira vez nas “irish sessions” de Madrid, onde nace un proxecto que conecta as tradicións ibéricas coas músicas de Irlanda e Escocia.
A súa proposta combina respecto pola tradición cunha mirada fresca e contemporánea cara ao folk europeo. O grupo foi finalista do certame internacional Fiddle of London e seleccionado para o ciclo “Microconcertos 2025” de La Caixa en Madrid.
En 2025 proclamáronse gañadores do concurso Runas do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira e do certame Folkez Blai de Ermua, consolidándose como unha das novas propostas emerxentes do folk estatal.
Anos participación
Festival:
- 2025
- 2026
Runas:
- 2025