O Concello de Ortigueira asomouse esta tarde a Fitur da man do seu principal reclamo turístico: o veterano Festival do Mundo Celta. O rexedor municipal, acompañado pola delegada da Xunta na Coruña, compareceu no posto da comunidade para promover o multitudinario certame folk, que atrae cada verán á pequena Vila a unhas 50.000 persoas, presentando ademais o rechamante cartel artístico que se empregará na publicidade exterior do evento.

Trátase dunha pintura de Celia Pía que mostra os distintos “escenarios” (a zona de concertos na Vila, o piñeiral e praia de Morouzos) e a “paisaxe humana” da festa.

Na cita, Girón adiantou ademais algunhas novidades na programación. A principal, a decisión de confiar a unha figura consagrada del folk galego como Xosé Manuel Budiño a dirección artística da última noite de concertos, na que o público poderá disfrutar dun espectáculo especial creado por e para o Festival.

O rexedor, que aludiu á recente concesión ao certame do Premio da Cultura Galega 2014, pola súa traxectoria como plataforma de lanzamento dos músicos e da cultura galega, apuntou outras claves do éxito da cita folk, que manterá a súa gratuidade total,  como “o espírito de liberdade que impera, a mestura de xente diversa,a convivencia nun espazo natural privilexiado e, por suposto, as ganas de pasalo ben”.

Os representantes das distintas administracións coincidiron en referirse á singularidade do Festival Ortigueira, o seu poder de convocatoria, e a súa importancia na proxección exterior da imaxe de Galicia e España; méritos que lle valeron fai xa case unha década a declaración como Festa de Interese Turístico Internacional.

Publicadas as bases para os postos de restauración do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Mai 06, 2026

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira publica as bases que regulan os postos de restauración como gastro-buses ou foodtrucks que poderán estar presentes no Festival entre o 8 e o 12 de…

Abertas as votacións populares para escoller os finalistas do Concurso Runas 2026

Mai 05, 2026

O Comité Organizador do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira anuncia os 10 grupos semifinalistas do certame e abre as votacións en liña para elixir os 3 finalistas que subirán ao escenario o…

Aberta nova convocatoria do Concurso Runas 2026 do Festival de Ortigueira

Abr 01, 2026

O certame Runas, que celebra a súa 27ª edición, incorpora este ano importantes novidades: a banda gañadora da final non so actuará no escenario principal do Festival de Ortigueira, senón que tamén terá a…

O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira presenta a imaxe deste 2026 e avanza a súa programación

Mar 07, 2026

Anxo Lorenzo, Rubén Alba e Noon súmanse aos xa confirmados Yves Lambert, Solas, Lúnasa, Valtos e Xara  Como ven sendo habitual, o Teatro da Beneficencia do Concello de Ortigueira acolleu, este sábado 7 de…

A Deptuación de A Coruña mantén o seu apoio ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira

Mar 04, 2026

O Festival recibiu 51.000€ no 2025 No marco da convocatoria do programa de subvencións para o apoio ao desenvolvemento de festivais na provincia da Coruña en 2025, o Festival Internacional do Mundo Celta de…

Dous ponteses firman a autoría do cartel que representará a imaxe do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira deste 2026

Feb 10, 2026

A obra, “Romaría”, elaborada por Juan Prieto e Joseba Silvent, veciños do Concello de As Pontes de García Rodríguez, levouse o primeiro premio, o segundo foi para “Foliada”, de Alexandre Sequeiros e o terceiro…